Conversa usuario:Fryant

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Fryant!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Contacta comigo cando desexes, estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:56, 24 xullo 2006 (UTC)

Fotos baloncesto[editar a fonte]

Ola Fryant. Encántame que traballes sobre o baloncesto. É o deporte que máis me gusta. Quería dicirche, inda que temo que temo que é posible que xa o saibas, que hai unha serie de fotos en Commons que podes utilizar coma se estivesen cargadas na Galipedia e que teñen que ver co baloncesto. Están en http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Basketball. Perdoa se xa o sabías, pero ás veces, por non comunicar cousas, debido a timidez ou ó temor a que parezan mal, perdemos todos un pouco.

Contacta comigo sempre que o desexes, estou á tua disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:13, 25 xullo 2006 (UTC)

  • Despois de ver as templates que fas, estou convencido de que xa o sabías --Lmbuga Commons - Galipedia 09:19, 25 xullo 2006 (UTC)

Fixeches unha pregunta na taberna. Gustaríame que activases o teu correo na Galipedia para podermos falar diso. Se o activas avísame--Lmbuga Commons - Galipedia 02:13, 26 xullo 2006 (UTC)

Non movín o artigo porque estás traballando nel, pero estou case convencido de que debería chamarse División Sueste--Lmbuga Commons - Galipedia 19:59, 26 xullo 2006 (UTC)

Son User:Sobreira (estamos todos en colaboradores) e douche a benvida á Wikipedia en galego, a Galipedia, e desexándote que desfrutes do noso traballo conxunto. Queremos tamén informarte un pouco para que non te perdas entre tanta silveira de páxinas:
  • As páxinas divídense entre os artigos da enciclopedia e as que usamos nós para a xestión, organización e coñecemento interno dos colaboradores rexistrados. O normal (e desexable) é que as segundas comecen sempre por "Wikipedia:". Neste segundo grupo hai unhas páxinas especiais para cada usuario: a de presentación (para que a estrutures ti ó teu gusto) e a de discusión (para que a xente se comunique contigo). Cada usuario tamén ten as súas dúas e comezan por "User:" ou "User talk:". Hai outras especiais que comezan por "Special:". O sistema da Galipedia distingue as maiúsculas das minúsculas nos títulos das páxinas, ademáis da existencia de espazos;
  • A páxina inicial da Galipedia é a Portada, con moitas ligazóns pero tamén tes unha benvida máis específica para novos colaboradores en Wikipedia:Benvidos;
  • Tamén se poden relacionar os artigos con wikipedias noutros idiomas, dun xeito moi doado mediante unha ligazón cun formato especial;
  • Para comentarios e propostas destinados a tódolos usuarios, podes publicalos nas diferentes seccións da Wikipedia:A Taberna;
  • Só cando te rexistras nunha sesión, o sistema avísate automaticamente das mensaxes que che envian outros colaboradores á túa páxina de discusión, ou ás veces na Taberna. Para responder, normalmente faise na páxina de discusión de quen che escribiu. Se accedes á súa páxina principal, a páxina onde se responde esta na pestana á dereita de "páxina de usuario", na parte superior da páxina. Para crear un novo apartado, faise automaticamente premendo na pestana "+", un pouco máis á dereita;. Lembra asinar para que saiban que es ti quen escribe: é o penúltimo botón da barra de ferramentas;
  • Se queres, podes ler unha guía en Wikipedia:Libro de estilo (constantemente en construción), onde se fala de como se estruturan habitualmente os artigos e certos consellos de ortografía e ortotipografía;
  • Máis adiante e con paciencia xa irás aprendendo moitas máis cousas (que é un wikiproxecto, cal é a filosofía GNU e as licenzas GFDL, coñecéndonos a algún de nós), non teñas présa. De momento nós xa estamos contentos de que esteas entre nós;

--Sobreira (parlez) 09:52, 28 xullo 2006 (UTC)

Fixen unha variación na template. Non sei se será do teu gusto. Se non o é dimo e rectifico o que fixen. O motivo de que a variase é que non permitía a alternacia ó mesmoo nivel con texto, que é o normal. Posteriormente fixen que se visen as liñas das táboas. Se a prefires sen liñas, coméntamo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:39, 2 agosto 2006 (UTC)

  • Retoquei a táboa de Atlanta Hawks para que fose menos ancha. Se queres que a volva atrás e recupere a anterior, non hai prolema. En caso de que desexes que mire algunha máis dimo. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:27, 8 agosto 2006 (UTC)

RE: Preguntiñas sobre logos[editar a fonte]

Bos días. Dixéronche ben na Taberna. Por outra banda a mellor información escrita que polo de agora temos sobre imaxes derivadas e os dereitos de autor está en Commons, en concreto nesta páxina (agora ben en Commons hai moitísimas máis licenzas ca na Galipedia, pois é un proxcto internacional).

Nesa páxina dise o seguinte:

*Se tomo unha fotografía dun obxecto coa miña propia cámara, reteño os dereitos sobre esa imaxe. Podo licenciala coa licenza que eu queira? Por que teño que considerar os outros propietarios do copyright?
Cando realiza unha fotografía, vostede adquire os dereitos da súa propia obra (a fotografía). Ao mesmo tempo, os dereitos do orixinal seguen existindo e non desaparecen. Se publica a fotografía está facendo algo que só o propietario do copyright orixinal pode facer. Iso é porque non pode utilizar a propia fotografía dun traballo con copyright (excepto como fair use/uso lexítimo) a non ser que o creador do orixinal outorgue o seu permiso para facelo.

(Apuntamento: O fair use non está permitido na lexislación española, si na de EEUU, tampouco está permitido en Commons.)

Diso se deduce que subir a fotografía dun logo (a non ser que este sexa algo circunstancial e mínimo na foto, pois pode aparecer un logo nunha tenda ó fotografar unha rúa dunha cidade) é tan inadmisible como o logo mesmo.

Tamén é interesante para este caso o seguinte texto desa páxina:

*O copyright de calquera produto pertence a alguén? Que ocorre cos coches? Ou as cadeiras de cociña? E a caixa do meu ordenador?

Non. Moitos coches usan un deseño común que non é obxecto de copyright, porque carece de orixinalidade e creatividade. Outros elementos como esculturas, pinturas, bonecos animados que son creacións orixinais, por regra xeral, si xeran dereitos. Non hai unha liña clara entre o que se pode rexistra e o que non de cara a obter o copyright. Ocorre tamén que as diferentes lexislacións usan distintos conceptos sobre o que é orixinal. A lei alemana, por exemplo, ten un termo chamado Schöpfungshöhe, onde se define o nivel de orixinalidade que debe ter un obxecto ou debuxo para poder ter copyright. Por suposto, non hai unha definición legal para este concepto; vostede pode servirse do sentido común e da xurisprudencia.

O deseño do seu reloxio espertador ou do prato que usa para cear porbablemente non teñan o copyright como poida telo Mickey Mouse. Por favor distinga entre producións artísticas (pokemon) e obxectos de uso diario (consolas de xogos, pratos), estes últimos non son obras no sentido do copyright, ou, dependendo da xurisdición, non diapón da suficiente orixinalidade para cumprir os requisitos para a protección baixo o copyright de ditos obxectos. Están protexidos, por regra xeral, polas patentes do deseño, as cales poden ou non poden (dependendo da xurisdición outra vez) permitir o uso comercial de imaxes para todo menos certos contextos determinados, iso en principio non nos concerne, posto que é algo independente por completo do copyright e iso non é algo do que debamos preocuparnos.

Teño que revisar as imaxes que subiches. Agora teño que marchar. Vin unha por enriba e vin que era dun automóbil. Tes imaxes de automóbiles en Commons non hai que subilas, úsanse coma se estivesen subidas á Galipedia), en concreto en Commons:Category:Automobiles

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 08:59, 21 agosto 2006 (UTC)

Nacionalismo galego[editar a fonte]

Impórtache se fago edicións? Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 12:53, 29 agosto 2006 (UTC)

Ola Fryant!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Revisións lingüísticas[editar a fonte]

Se algunha vez desexas que faga algunha revisión dagún artigo, non dubides en avisarme. Se observas que fago algunha variación que te estrañe, coméntamo; as correccións sempre poden ser controvertidas, por exemplo, non parece haber -polos usos que observo nalgunha xente- unha coincidencia plena en que en galego son incorrectas as secuencias no que, na que, nos que, nas que (eu estudeino así na facultade). En vez desas secuencias, que serían castelanismos, hai que poñer en que, no/a/s cal/es, ou naquilo que. Outras veces substitúo palabras ou secuencias correctas por un sinónimo que axude a que non se perciba o texto como unha tradución literal do castelán (o cal tamén se considera castelanismo, inda que non haxa erros).

Unha ferramenta que pode axudar a mellorar o coñecemento ortográfico do léxico galego son os tradutores castelán-galego. Non funcionan ben de todo, pero axudan a non cometer erros e, pouco e pouco, van mellorando (traducen, por exemplo París por parides, ó pensar que é do verbo parir, non distinguen seu/súa, dous/dúas, non colocan o pronome persoal ben). Moi interesante é o programa Alén, porque permite a incorporación de palabras ó dicionario principal e ó dicionario de verbos do programa (cando pechas o programa pregunta se queres gardar cambios), así como a incorporación de vocabulario ou a retirada do mesmo (eu retirei o verbo parir). Poderalo descargar aquí.

Así a todo, é recomendable traducir aqueles textos que un poida acreditar. Nas wikipedias hai erros. Mesmo, se posible, confrontalos con outros. Débese ademais na caixa de texto que pon resumo poñer a orixe do texto traducido nalgunha das edicións que se fagan (a non ser que un poida asegurar que o texto é correcto e se faga cargo da veracidade do que pon o mesmo).

Comecei escribindo para ofrecerche a posibilidade de que revise e estendinme. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:00, 23 setembro 2006 (UTC)

Wikiproxecto NBA[editar a fonte]

Estiven vendo o teu traballo nos artigos sobre este tema e pareceme moi bo. Gustariame axudar neste tema pois son afeccionado a este deporte, non sei moi ben se tiña que plantexar isto aquí ou na discusión do Wikiproxecto ou se é necesario facelo, pero fíxeno aquí xa que eres o único integrante do proxecto. Ric delg 20:58, 29 setembro 2006 (UTC)

  • Tratarei de porme ó traballo canto antes, sobre todo cos equipos, un saudo. Ric delg 17:30, 30 setembro 2006 (UTC)

Benvida tardía e NBA[editar a fonte]

Aínda que pasaron varias semanas desde que comezaches a colaborar coa Galipedia quero darche a benvida e agradecerche as túas contribucións. Grazas polas túas edicións nos artigos relacionados cos deportes e grazas pola creación do Wikiproxecto NBA. Para nós son moi valiosos os colaboradores que permiten que o proxecto avance. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:09, 3 outubro 2006 (UTC)

Pois para nós é un pracer terte colaborando connosco. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:08, 5 outubro 2006 (UTC)

Esquecín indicarche que lle botara unha ollada xa ó artigo. A lingua era correcta. Fixen algúns cambios, máis ben poucos comparando co que é habitual. Quizais algún cambio te estrañe, se queres comentar algún, dimo. Por exemplo, un dos cambios que tendo a facer é trocar "no/a/s que" por "en que" ou "no/a/s cales" pois teño entendido que é un castelanismo (en portugués tampouco é posible), así a todo, levo moito tempo sen ver iso escrito.

Por certo, o artigo é excelente. Un abrazo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:50, 31 outubro 2006 (UTC)

  • Decateime de que non che respondera a pregunta sobre as condicións que debe cumprir un artigo destacado. Evidentemente o artigo debe ser de calidade. Procuramos que eses artigos sexan elaborados por usuarios coñecidos que coma ti sexan fiables na elaboración dos artigos e o ideal é que sexa un artigo elaborado pola comunidade, é dicir, un artigo no cal participen varios usuarios.

Os criterios para considerar un artigo destacado están por desenvolver (hai demasiadas frontes que precisan atención). Se tiveses claro o tema e quixeses botar unha man para definir os criterios, sería interesante. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:55, 3 novembro 2006 (UTC)

Conflito de edición[editar a fonte]

Movín Conflito de edición a Guerra de edicións porque o artigo non correspondía ao título. Un conflito de edicións é fundamentalmente un problema técnico que non ten que ver coa guerra de edicións. En en:Help:Edit conflict e meta:Help:Edit conflict podes comprobalo. En canto aos artigos do espazo de nomes Wikipedia e Help, por regra xeral miramos máis cara a Wikipedia en inglés que cara a Wikipedia en español coa que moitas veces diferimos nos procedementos e modo de actuar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:17, 8 novembro 2006 (UTC)

Ningunha molestia. --Prevert(talk) 18:59, 8 novembro 2006 (UTC)

Artigo destacado de decembro[editar a fonte]

Fórmula 1 é o artigo destacado de decembro, grazas por crear un artigo tan elaborado e tamén grazas por traballar nos criterios para escoller artigos destacados. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:45, 27 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Fryant. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)

Artigos destacados[editar a fonte]

Reabríuse o debate sobre os artigos en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Proposta_de_Artigos_destacados, xa que tes traballado niso coido que é importante a túa opinión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:09, 19 marzo 2007 (UTC)

Clasificación das listas[editar a fonte]

Ola, Fryant. Entendera da discusión na Taberna que as listas ían ser clasificadas seguindo a estrutura xenérica da Galipedia. Porén, clasificaches a lista de deportes dentro de entretemento, pero a lista de medallistas olímpicos, en vez de en Deportes, en eentretemento tamén. É iso correcto? Quero dicir, é un erro de asignación ou é iso o que buscabas? Un saúdo. --Xabier Cid 19:38, 8 abril 2007 (UTC)

Tradución da Semana en Meta-Wiki[editar a fonte]

Creei un marcador {{TraducionSemanaMeta}} que podes colocar nas páxinas que vaias traducir das que se propoñan en Meta-Wiki. Eliminei a táboa que colocaras ti en Formación e evolución do Sistema Solar para que asi, con só colocares ese marcador, apareza o texto explicativo, que é moito máis cómodo. Podes atopar este e outros marcadores en Wikipedia:Mensaxes predefinidas. Un saúdo.--Xosé (✉) 17:06, 19 abril 2007 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Fryant. Faltan uns días para que leves un ano connosco, o vindeiro 24 de xullo é a data. É un bo momento para manifestarche o noso recoñecemento pola contribución que levas realizada na Wikipedia en galego. Grazas por axudar co teu esforzo a construír este wiki e parabéns polo que levas feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:13, 10 xullo 2007 (UTC)

Moitas grazas pola túa benvida e os meus parabéns polos teus artigos.

Un bico. --Rouge 21:04, 5 agosto 2007 (UTC)

  • E te has preguntado que fan outras moitas seccións en artigos que tamén non se lle quer ver sentido?. E que acaso no se pode imnovar un pouco na galipedia sin ter que rexirnos extrictamente polo que fan la en.wiki e falan na es.wiki?. Sirvache de resposta o que xa lle dixen no seu xusto momento a Lameiro [1]--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 12:22, 7 agosto 2007 (UTC)

Infracion do ©[editar a fonte]

  • Remato de ver a túa mensaxe sobre da posibel infración do CopyRight da bandeira de Galiza; polo de agora non se pode constatar tal dato xa que a ligazón da paxina que proporcionas, ademáis figura como ligazón externa no mesmo artigo. Boteille unha ollada semella unha paxina do Bispado de Bretoña, pero de momento no ache por nengures algo que teña relación co ©. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:37, 21 agosto 2007 (UTC)

Re:Infracción do copyright[editar a fonte]

Ola Fryant. En Wikipedia:Votacións para borrar#Instruccións para propoñer borrar unha páxina tes o procedemento para abrir unha votación para o borrado dunha páxina. No caso de Bandeira de Galicia xa o fixen eu. Grazas polo aviso e polo teu excelente labor.--Lmbuga Commons - Galipedia 10:24, 25 agosto 2007 (UTC)

Desculpas caso 1 de xaneiro[editar a fonte]

Desculpas pola miña actuación no caso 1 de xaneiro, xa que co meu silecio posterior sinto que axudei a dala imaxe de que un administrador podía faltar ao respeto a calquera. Desculpas por iso. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 14:50, 1 setembro 2007 (UTC)



Ola Fryant,complemento o comentario Lansbricae coa peticion de de que voltes á actividade na Galipedia. Seguramente non foches consciente dos acontecimentos que sucederon ás tuas denuncias no caso 1_de_xaneiro , pero o comportamento de certo administrador o 1_de_xaneiro foi o detonante dunha revolta que tivo os seus froitos (talvez momentaneos). Seria moi importante a tua volta para confirmar que a Galipedia, se se corrixen certas cousas, ten un futuro brillante do que nos sentiremos orgullosos nun futuro e disfrutaremos na edicion de artigos. Eu levo tamén pouco tempo, pero conta coa miña axuda para o que necesites na Galipedia. Saúdos++ --Maañón 17:21, 1 setembro 2007 (UTC)

  • Sinto moito o que pasou estes días pero alégrome sinceramente que a túa confianza no que supón a Galipedia non decaese.--Miñato 18:56, 1 setembro 2007 (UTC)

Listas de filmes[editar a fonte]

Ola Fryant! Vexo que empezaste unha lista. Queríache dicir que xa existe unha páxina semellante chamada Lista de estreas de cine en lingua galega, por se te sirve de algo. Parabéns polo traballo e sorte nos exames de setembro... non es o único que a necesita :) . AlberteSi, digame? 16:28, 2 setembro 2007 (UTC)

Ola Fryant! Pois moitas grazas pola información. Tereino en conta e seguro que me será de utilidade.--MVF 17:01, 2 setembro 2007 (UTC)

  • Ola, retireille ao artigo Toyota Racing o marcador de en uso por levar sen ser editado desde hai tempo, sempre podes volver poñer o marcador se vas traballar nel.--Miñato 17:32, 3 setembro 2007 (UTC)

Básquet[editar a fonte]

Xa acabei!, ;) ía meterme coa segunda rolda, pero é un sistema de tolos... xogan máis partidos que no recreo... ;) Todo teu!! --Xabier Cid 00:17, 6 setembro 2007 (UTC)

Grazas. Conta coa miña axuda tamén en Commons. Se desexas que che axude coas políticas, pregúntame. --Lmbuga Commons - Galipedia 00:13, 18 setembro 2007 (UTC)

Na subida a Commons cometiches un pequeno erro e amais hai un problema. O erro foi non poñer como source a ligazón á wikipedia, pois hai que poñer a ligazón á imaxe (http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:BMWSauber2006.JPG). Xa a cambiei eu.

O problema é que marcaches a imaxe para borrar na Galipedia. A este respecto 2 comentarios. Primeiro, polo xeral consideramos que que haxa imaxes en Commons que teñan como orixe a Galipedia é positivo, dado que lle dá maior presenza ó noso proxecto en Commons, polo que non acostumamos borra-las da Galipedia (eu isto non o teño moi claro). En segundo lugar, para que non haxa problemas por desaparecer a imaxe da orixe, de borrarmos a imaxe da Galipedia,, sería conveniente que en Commons puxeses ademais como orixe a secuencia self made, evitarache problemas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:40, 19 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:28, 3 outubro 2007 (UTC)

Grazas pola benvida[editar a fonte]

Ola, grazas pola benvida. A partires de agora, por aquilo de ser o primeiro, "acosareite" cando teña algunha dúbida. Abur--Jurjinho 02:48, 4 outubro 2007 (UTC)

Categorías e bots[editar a fonte]

Para mover os artigos de "Historia do" a "Historia de" é facil, tes que usar o category.py coa opción move, é dicir:

python category.py move

se che pide o xml daslle o nome do arquivo xml que teñas baixado (non fai falta o do xml), e o propio comando xa che pregunta o nome da categoría vella ("do") e o da nova ("de"). Logo só hai que marcar as categorías "historia do" para borrar e listo :D. Se tes calquera dúbida aquí estou, e se non pregúntalle a Xosé que é un crack nesto dos bots :) --Banjo tell me 14:01, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Esto que dixen é para facelo categoría por categoría, para facelo en todas á vez terías que empregar expresións regulares (que aínda non controlo ben :D). Xosé deixoume un par de exemplos deso aquí, bótalles un ollo. --Banjo tell me 14:05, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Encantado de que te atrevas cos bots! Fai como che di BaNjo pero non lle creas iso de que son un crack. --Xosé (✉) 14:27, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Moitas grazas, foi un parto complicado e viñan sete, pero tres pequeniños non o resistiron, se queres un, en 45 días rematan a lactancia ;), e son de balde!!! Un saúdo e grazas de novo polos parabéns. Alma (fálame eiquí) 21:24, 8 outubro 2007 (UTC)

Núcleo indispensábel de artigos[editar a fonte]

Non sei se coñeces estas listaxes: Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter, Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter e Wikipedia:Wikiproxecto Proxecto5000. Talvez che poidan ser de utilidade. Un saúdo. --Xosé (✉) 18:16, 15 outubro 2007 (UTC)

F1 budget graph[editar a fonte]

Hi. Sorry it took so long. Image:PresupostoF1.PNG is on Commons now. Hope it's OK, let me know if you need anything changed. 88.109.15.118 18:04, 23 outubro 2007 (UTC)

A User:Frybot foille concedido o status de bot. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:13, 24 outubro 2007 (UTC)

Ok, perfecto. E non podería quedar aí? Se a resposta é "non": en que artigo podería aparecer? Antigos cines de Galicia e remitilo nA Coruña? Non sei se así se relacionarían coa Coruña, pero a verdade é que xa son tantos que dan para facerlles un artigo propio. -- Sobreira (parlez) 07:57, 31 outubro 2007 (UTC)

Espazos de nomes[editar a fonte]

Si poderia facer-se un a un, pero que lio! Eu espero que se aprobe o que hai e que tiremos para diante. Se co tempo se ve que seria mellor mudar o nome dun entón poderia facer-se unha votación para ese en concreto. --Xosé (✉) 14:33, 5 novembro 2007 (UTC)

Re: Benvida e Galifontes[editar a fonte]

Ola Fryant. Moitas grazas pola mensaxe de benvida. En canto ao tema de Galifontes a resposta require un pouco de tempo e hoxe non podo escribila. Intentarei responderche mañá. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:42, 7 novembro 2007 (UTC)

Correções[editar a fonte]

Obrigado pola correción do artigo Ary Barroso. Ainda não falo galego con fluência. Alex Pereira¡digame! 11:47, 8 novembro 2007 (UTC)

Preciso que repase as cousas que escribi em Guillerme IV de Inglaterra. Acho que não fui tán malo. Alex Pereira¡digame! 23:36, 8 novembro 2007 (UTC)
Obrigado pola aula! Alex Pereira¡digame! 23:53, 8 novembro 2007 (UTC)

Amigo, preciso de unha revisón aqui. Grazas e un saúdo! Alex Pereira¡digame! 22:37, 13 novembro 2007 (UTC)

Oi, amigo. Preciso de máis unha revisión, aquí. Grazas e un saúdo! Alex Pereira¡digame! 22:23, 16 novembro 2007 (UTC)

Ah, sí, precisando, digame quais as súas dúbidas sobre português, no que puder, axudolle. Grazas pola aula. Isso está axudandome moito. Alex Pereira¡digame! 15:24, 17 novembro 2007 (UTC)

Escríboche por teres creado un prototipo de portal (Usuario:Fryant/Portal:Fórmula 1). Xa está creado o espazo de nomes Portal e hai unha discusión acerca dos portais na que posibelmente queiras opinar. Un saúdo. --Xosé (✉) 20:37, 19 novembro 2007 (UTC)

Grazas, e os parabéns son para todos, xa que entre todos chegamos aos 30.000, agora a currar para duplicalo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:20, 3 decembro 2007 (UTC)

*periodistas[editar a fonte]

habería que redireccionar todas estas categorías de *periodistas a xornalistas... ¿Coméntasllo ti a algún administrador? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:16, 11 decembro 2007 (UTC)

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. -- Sobreira (parlez) 01:27, 18 decembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:00, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Fryant. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --83.165.110.93 01:18, 4 abril 2008 (UTC)

Wikimedia España[editar a fonte]

Hola, he visto en esta página tu interés sobre un posible chapter y quería avisarte de que se está preparando un chapter a nivel de toda España (se hacen por países, no por lenguas ni proyectos) en meta:Wikimedia_España y sobre todo en la lista de correo. Saúdos. Platonides 22:37, 20 xuño 2008 (UTC)

Re-benvida[editar a fonte]

Ola Fryant. Como hai tempo que non coincidiamos por aquí quería darche a re-benvida. Alédome de verte outra vez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:56, 9 decembro 2008 (UTC)

Pois é boa cousa terte aquí de novo, non me cabe dúbida de que vas facer un bo traballo. Grazas por volver. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:03, 9 decembro 2008 (UTC)

Encontro de wikimedistas[editar a fonte]

Boas. Non sei si te enteraches, puxen varios avisos polos cafés, de que temos pensado facer un encontro de wikimedistas nuns días en Santiago. Gustaríanos que, si che é posible, pasaras por alí xa que uns dos temas que queremos tratar é o de cómo facer entre todos o capítulo de Wikimedia España. Tes toda a información en meta e si queres saber algo máis tamén podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de discusión. Un saúdo, --Elisardojm 23:39, 7 febreiro 2010 (UTC)

Dígoche o mesmo que lle comentei a Alberte, :) :
Boeno, unha mágoa, outra vez será, de tódolos xeitos, ¿estarías interesado en participar si habilitamos unha canle de IRC?. Gustaríanos ter opinións de usuarios da galipedia e acábaseme de ocorrer esta forma de participación. Aínda non estou seguro de que sexa factible, pero si vos interesa podo preguntar a ver cómo se podería facer.
Outra cousa, aínda non houbo ningún comentario no café nin na páxina de meta. Xa vin que o café non ten moito movemento e por iso non sei de forma segura si o aviso chegou á comunidade, si é que non interesa, si hai algún problema ou si se está a debatir noutro lugar que descoñezo. O que che quero comentar é que a xente que estamos tentando levar isto a diante queremos que esta asociación sexa de tódolos wikimedistas interesados en promocionar o coñecemento libre. Por iso queremos saber qué vos parece o proxecto, coñecer as vosas ideas, críticas, melloras, todo, para facer unha asociación para todos e de todos. Por iso si hai outro sitio onde poda comunicar e debatir esta mensaxe ou algún usuario que penses que pode estar interesado agradeceríache que mo comentaras. Pois iso, quedo á túa disposición para o que necesites, un saúdo, --Elisardojm 13:05, 8 febreiro 2010 (UTC)
Mira, estamos estudando a posibilidade de realizar a reunión mediante Skype e así falar máis fluidamente entre todos. O ideal sería que a reunión fose o día 20 para que coincida coa reunión de Bilbao. En canto teña máis noticias xa contacto contigo.
Por outra banda sobre o que comentas da reunión paréceme moi interesante. A asociación que se constitúa non pode ter ningún poder sobre as pedias, as pedias só poden ser rexidas polos seus usuarios, como ata o de agora, mediante as súas políticas. Esta información está nos documentos para a creación dos capítulos da Fundación Wikimedia en meta. Os capítulos non poden cambiar ningunha política de ningunha pedia nin teñen ningunha potestade sobre os seus usuarios.
A función dos capítulos é promover o coñecemento libre en tódolos idiomas que podan, e iso é o que pretendemos os que estamos implicados na idea do capítulo e o que temos na cachola.
A wm-es non pode mostrarse porque aínda está sin construir, e será a imaxe de todos os que a leven para adiante, os que estamos dándolle agora este empurrón non temos ningún tipo de interés político nin nada parecido, só queremos o mellor para tódolos proxectos e conseguir todo o posible para eles e o coñecemento libre. Queremos coñecer tódalas opinións e tamén queremos coñecer as propostas e ideas de todos para a creación dunha asociación de todos, para todos e para o coñecemento. Boeno, perdoa pola charleta e si tes calquera dúbida dame un toque. A ver cómo vai o da reunión e xa che contarei. Ah, e si queres ter información de forma directa podes apuntarte á lista de correo de wm-es. Un saúdo, --Elisardojm 23:24, 9 febreiro 2010 (UTC)
Por certo, si che parece ben poderías apuntarte na páxina de meta e tamén apuntar os días e horario que mellor che conveña para organizarnos o mellor posible. De novo, saúdos, --Elisardojm 00:11, 10 febreiro 2010 (UTC)

Teño nova información sobre a conexión mediante Skype. O Skype permite multiconferencia así que, en principio, imos a usalo neste primeiro encontro. A única pega que ten é que só permite ter 5 persoas simultáneamente. Si coñeces algún programa do estilo que permita conectar máis xente sería un puntazo :). Si che interesa usalo avísame para saber cánta xente se apunta a el. Hai algúns detalles máis no café e tamén podes contactar comigo para o que sexa. Saúdos, --Elisardojm 22:00, 6 marzo 2010 (UTC)

Pois entón para que podamos poñer a data entre todos sería moi útil que te apuntaras na páxina de meta e puxeras no apartado da data os momentos nos que poderías participar (só che levará uns minutos...). Así todos coñecemos as nosas dispoñibilidades e poderemos escoller a data que lle veña mellor á maior cantidade de xente posible. Saúdos, --Elisardojm 09:28, 12 marzo 2010 (UTC)

Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Avísoche por si che pudera interesar porque si todos os interesados están libres algún día dese fin de semana xa será nesas datas, si queres indicar os días que che veñan ben podes facelo na páxina de meta ou avisarme a min. Tamén está medio preparada a conferencia por Skype, a ver si funciona. Si che interesa busca o meu usuario, elisardojm, e méteo nos teus contactos e avísame a min para facerche a invitación de Skype. Un saúdo e a ver si podemos falar pronto, --Elisardojm 00:30, 25 marzo 2010 (UTC)

En traducción dende 2006[editar a fonte]

Ola Fryant.

Tes Milwaukee Bucks co marcador de traducción dende agosto do 2006.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 21:44, 8 abril 2010 (UTC)

Ola.

Na páxina do título fixen unha proposta que igual é do teu interese.

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 10:00, 10 de abril de 2010 (UTC)

Axuda no Wikiproxecto Fórmula 1[editar a fonte]

Ola Fryant, son un aficionado á F1 e gustaríame axudar nesta materia, pero aínda son algo inexperto no manexo da Galipedia, así que as miñas achegas non serán moi brillantes. Con todo, fareino o mellor posible. Saúdos--Pontesiño 20:11, 10 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns a páxina con *campiona[editar a fonte]

Boas!, mira que estamos a facer limpeza do termo incorrecto *campiona e atopei que hai 4 subpáxinas túas que ligan con Lista de escuderías campionas do mundo de Fórmula 1. O título desa páxina é incorrecto e xa se trasladou a Lista de escuderías campioas do mundo de Fórmula 1 e agora para eliminar a redirección co nome incorrecto habería que cambiar as túas páxinas por iso viña comentarche que cando podas a ver se podes cambialas e así podemos eliminar a páxina co nome incorrecto. As páxinas que tes ligando á incorrecta son: Usuario:Fryant, Usuario:Fryant/Aportacións, Usuario:Fryant/Portal:Fórmula 1 e Usuario:Fryant/Portal:Fórmula 1/Cousas por facer . Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 09:55, 24 de agosto de 2012 (UTC)

Grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:01, 29 de agosto de 2012 (UTC)

Páxinas con ligazóns rotas a ficheiro[editar a fonte]

Boas Fryant. Resulta que na túa páxina de usuario hai unha ligazón a un ficheiro que non existe que fai que se categorice na categoría de "Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros". Tes unha ligazón a unha imaxe de Tatiana Amil que xa non existe, ¿poderías quitar a ligazón a esa imaxe para ver se se amaña? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 11:22 (UTC)[responder]