Urohidrose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A urohidrose, ás veces escrito urohydrosis, é un comportamento que realizan algunhas aves que consiste en defecar ou ouriñar nas zonas escamosas das súas patas como mecanismo para refrescarse; isto conséguese a través da evaporación dos fluídos. As ciconiformes e mailos voitres do Novo Mundo empregan este mecanismo.[1][2] Este comportamento en aves aneladas leva á acumulación de materia fecal na anela, o que causa lesións á ave.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sibley, Charles G.; Ahlquist, Jon E.. Phylogeny and Classification of Birds: A Study in Molecular Evolution. Yale University Press. pp. 513. ISBN 0-300-04085-7. http://books.google.com/books?ide=cfjAvuxL-9wC&pg=PA513&dq=urohidrosis&sig=f-pfL13cKlDrBiw-VjW6PM82mgU. Consultado o 7 de abril de 2010.
  2. "California Condors Cool Facts" (html). http://www.ventanaws.org/species_condors_coolfacts/. Consultado o 23 de abril de 2009.
  3. Henckel, R.E. (1976). Lesions associated with fecal accumulation on leg bands in Turkey Vultures.. 1. pp. 126.