Uribarri
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Uribarri na cidade de Bilbao.
Uribarri é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Divídese nos barrios de Castaños, Matiko-Ciudad Jardín, Uribarri e Zurbaran-Arabella.
Durante moitos anos, Uribarri foi unha zona de caseríos espallados dependentes da anteiglesia de Begoña. Actualmente, tras a urbanización derivada da industrialización nos anos 60, moitas das súas rúas adoptaron nomes de antigos caseríos; por exemplo, a rúa Trauco provén dun caserío situado nesta zona denominado Trauku.
Barrios[editar]
- Castaños
- Matiko-Ciudad Jardín
- Uribarri
- Zurbaran-Arabella
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||