Urbano Rattazzi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urbano Rattazzi, nado o 29 de xuño de 1808 e finado o 5 de xuño de 1873, foi un estadista italiano. Membro do Partido Liberal, ocupou diversos cargos na primeira andaina da Italia unida.
Traxectoria [editar]
Foi presidente da Cámara, Ministro do Interior en dúas ocasións, Ministro de Asuntos Exteriores, Ministro de Xustiza e Primeiro Ministro tamén en dúas ocasións.
Opúxose á cesión a Francia de Niza e Savoia. Enfrontouse ao poder da Igrexa Católica o que lle ocasionou problemas coas forzas clericais. Defendeu a unidade de Italia fronte aos Estados Pontificios. Chegou a entendementos políticos con Cavour e reprimiu a Garibaldi, o que provocou unha corrente popular contraria á súa persoa.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |