Untermensch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untermensch (Alemán: subhumano) é un termo da ideoloxía racial nazi, herdeiro das teorías raciais do século XIX. A ideoloxía nazi identificaba unha raza superior (a alemá) e unha serie de razas inferiores de diferentes graos. Dentro do inferior, os untermenschen, encontrábanse os xudeus, eslavos e negros.