Untangle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untangle é unha empresa privada que ofrece unha pasarela de rede (network gateway) de código aberto para pequenas empresas. Untangle ofrece moitas aplicacións como o bloqueo de correo electrónico non solicitado (spam), bloqueo de software malicioso (malware), filtrado de web, protección contra roubo de información sensible (phishing), prevención de intrusións, e máis[1] sobre a Plataforma Untangle Gateway.

Untangle foi fundada en 2003 como Metavize, Inc. por John Irwin e Dirk Morris.[2] Metavize lanzouse oficialmente en 2005 en Demo@15!.[3] En 2006, Metavize recadou 10.5 millóns de dólares a través dun financiamento por parte das empresas CMEA Ventures e Canyon Ventures e Asociados, nomeou a Bob Walters como CEO (presidente da compañía), e cambiou o seu nome a Untangle, Inc.[4] En 2007, Untangle lanzou a Plataforma Untangle Gateway de código aberto (Open Source) baixo a licenza GPL (versión 2).[5]

En 2007, Untangle tamén experimentou un crecemento significativo e superou os 100.000 usuarios repartidos en 2.000 organizacións.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aplicacións de Untangle
  2. Metavize Inc
  3. Metavize lanza a plataforma EdgeGuard Gateway Security
  4. "Metavize cambia de nombre y recauda $10.5 Milliones de dólares de financiación". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2009. 
  5. "Compañía de Seguridad Untangle se convierte en Código Abierto". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2009. 
  6. "Untangle supera los 100 Mil usuarios". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 08 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]