Universidade Politécnica de Cartaxena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Politécnica de Cartaxena
Datos xerais
LocalizaciónCartaxena
Fundación1998
Datos actuais
ReitorAlejandro Díaz Morcillo
Alumnos7.210
Datos de contacto
EnderezoEdif. La Milagrosa, praza do Cronista Isidoro Valverde, 30202
Cartaxena, Murcia España
Páxina webhttp://www.upct.es/
Facebook: upctnoticias Twitter: UPCTnoticias Instagram: upctnoticias Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Politécnica de Cartaxena ou UPCT é unha universidade pública española situada na cidade de Cartaxena, na Rexión de Murcia. Existe oficialmente dende o 3 de agosto de 1998 e as súas escolas son fundamentalmente de índole tecnolóxica e empresarial.

Campus[editar | editar a fonte]

A UPCT conta con varios campus en diferentes áreas da cidade de Cartaxena:

  • Campus de Alfonso XIII, campus orixinario no centro da cidade. Está composto polos edificios da ETSIA, ETSAE, e ETSINO e EICM que comparte o edificio que antes ocupaba a FCCE.
  • Campus Muralla del Mar, composto polo antigo Hospital de Mariña, sede da ETSII, e o antigo Cuartel de Antiguones, no que se acha a ETSIT. Neste campus encóntrase o edificio de I+D+I, onde conviven tres grupos de traballo: o Servizo de Apoio á Investigación Tecnolóxica (SAIT), o Instituto de Biotecnoloxía Vexetal (IBV) e o Centro de Tecnoloxía e Sistemas de Información (CTSI); ademais do Edificio de Laboratorios de Investigación (ELDI) e a Casa do Estudante.
  • Campus CIM, antigo Cuartel de Instrución de Mariñeiría. O edificio data do século XVIII, e actualmente alberga a FCCE e o Museo Naval.

Centros docentes[editar | editar a fonte]

  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agronómica (ETSIA).
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial (ETSII).
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría Naval e Oceánica (ETSINO).
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSIT).
  • Facultade de Ciencias da Empresa (FCCE).
  • Escola Técnica Superior de Arquitectura e Edificación (ETSAE).
  • Escola Universitaria de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos e de Enxeñaría de Minas (EICM).
  • Centro Universitario da Defensa (CUD), centro público adscrito
  • Escola Universitaria de Turismo (ETCT), centro privado adscrito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]