Universidad de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidad de Las Palmas
NomeUniversidad de Las Palmas de Gran Canaria CF
Alcume(s)O sétimo de cabalería, Uni
Fundación1994
Desaparición2011
EstadioPepe Gonçalvez,
As Palmas de Gran Canaria, España España
Inauguración1938
Capacidade3.000 espectadores
Na casa
Fóra

O Universidad de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol, coñecido como Universidade das Palmas, foi un club de fútbol de España, da cidade das Palmas de Gran Canaria na illa de Gran Canaria. Foi fundado en 1994 e desapareceu en 2011, logo de ser descendido a Terceira División por impagamentos.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1994, grazas ao xuíz Gómez Cáceres, axudado pola experiencia comercial dos irmáns Morales, comezou a escribirse a curta pero rápida historia do Vegueta-Universidad. Anos máis tarde cambiouse o nome polo de Universidade de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol e o club comezou a ascender categorías, chegando a militar en Segunda B en tan só 4 anos, e en só 6 chegou á Segunda División.

Na tempada 2001/02, Alfredo Morales decide fusionarse coa UD Las Palmas, prexudicando a toda a cadea de filiais do Universidad e obtendo el un posto na xunta directiva da UD Las Palmas.

Na tempada 2002/03, as cousas volven á súa canle e sae da presidencia do club Alfredo Morales, tomándoa de novo Francisco José Gómez Cáceres, desvinculando ao club da UD Las Palmas e tomando de novo total independencia.

O 7 de xullo de 2011, o club grancanario confirmaba a súa disolución[1] como club de fútbol tras o seu descenso a terceira división por falta de pagamentos denunciada pola Asociación de Futbolistas Españois e ante a imposibilidade de asumir unha débeda que roldaba os dous millóns de euros, pola cal tiña os ingresos bloqueados.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis.
  • Uniforme suplente: Camiseta, pantalón e medias amarelas dourado.

Estadio[editar | editar a fonte]

Vista do estadio Pepe Gonçalvez.
Artigo principal: Estadio Pepe Gonçalvez.

O Universidad xogaba os seus partidos no Estadio Pepe Gonçalvez, que ten unha capacidade para 3.000 espectadores, e que comparte co Las Palmas Atlético. É propiedade do concello das Palmas de Gran Canaria.

Outros estadios nos que xogou foron o estadio de Tafira, Municipal de Maspalomas, Insular e Alfonso Silva.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en 2ªB: 12
  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en Categorías Rexionais: 3
  • Mellor posto na liga: 20º (2ª división, tempada 00-01)

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1994/95 2ª Rexional
1995/96 1ª Rexional
1996/97 Preferente
1997/98
1998/99 2ªB
1999/00 2ªB
2000/01 20º
2001/02 2ªB
2002/03 2ªB
Tempada Categoría Posto
2003/04 2ªB 10º
2004/05 2ªB
2005/06 2ªB
2006/07 2ªB
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB 12º
2009/10 2ªB
2010/11 2ªB

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Desaparece o Universidad de Las Palmas Marca, 7 de xullo de 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]