Universala Esperanto-Asocio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Universal de Esperanto (en esperanto, Universala Esperanto-Asocio, UEA) foi fundada en 1908. Actualmente a UEA é a organización internacional máis grande para os falantes de esperanto e ten membros en 119 paísé. UEA traballa non soamente para difundir o esperanto, senón tamén para estimular a discusión sobre o problema lingüístico mundial e chamar a atención sobre a necesidade de igualdade entre os idiomas. Ocúpase tamén das relacións oficiais coa ONU e a Unesco.

A oficina central da UEA atópase en Rotterdam, Holanda, xunto coa Organización Mundial da Mocidade Esperantista (TEJO, nas súas siglas en esperanto). Á parte de leste, existen outros centros, de entre os cales destaca o neoiorquino na sede das Nacións Unidas.

Os seus obxectivos, son, segundo os estatutos de 1980:

  • Aumentar o uso da lingua internacional Esperanto.
  • Actuar pola solución do problema lingüístico nas relacións internacionais e facilitar a comunicación internacional.
  • Facilitar todo tipo de relacións (materiais e espirituais) entre os seres humanos, máis aló de diferenzas de nacemento, raza, sexo, relixión, política ou lingua.
  • Acrecentar entre os seus membros un forte sentimento de solidariedade, e desenvolver neles a comprensión e estima por outros pobos.

Cada ano, a UEA organiza o Universala Kongreso (Congreso Universal de Esperanto), no que habitualmente participan entre 1500 e 3000 persoas. A UEA publica libros, ten o maior servizo de venda postal de libros en esperanto do mundo (con máis de 4000 libros, discos compactos e outros), e mantén unha importante biblioteca de libros en esperanto.

O seu presidente é Probal Dasgupta (India) electo no 2007. Anteriores presidentes foron: Ernfrid Malmgren (Suecia, 1947-1956), Giorgio Canoto (Italia, 1956-1960), Harry Holmes (Inglaterra, 1960-1962), Yagi Hideo (Xapón, 1962-1964), Ivo Lapenna (Iugoslavia, 1964-1974), Humphrey R. Tonkin (Inglaterra, 1974-1980, 1986-1989), Grégoire Maertens (Bélxica, 1980-1986), John C. Wells (Inglaterra, 1989-1995) Le Chong-Yeong (Corea do Sur, 1995-1998), Keppel Enderby (Austrialia 1998-2001), Renato Corsetti (Italia 2001-2007), Probal Dasgupta (2007-2013), Mark Fettes (2013-).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]