Unity Roots and Family, Away (tamén "UR&FA") é o oitavo álbum do grupo xaponés de Pop/Rock chamado GLAY, lanzado ó mercado o 19 de setembro do ano 2002 baixo o selo Toshiba EMI e producido por Masahide Sakuma. O álbum alcanzaría a primeira posición nas listas de Oricon, con 436.180 copias vendidas. Neste álbum, GLAY da un novo xiro e introduce elementos doutros xéneros como o Gospel, R&B e Blues. O líder da banda, Tekuro, quería un álbum feito para a xente próxima a el, dando como resultado este álbum.