Unidad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unidad
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Unidad foi un periódico publicado en Santiago de Compostela en 1933.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ia aparecer a principios de novembro de 1933.[1][2] Periódico fascista, o seu propietario e director era Manuel Cambeiro. Entre os seus fundadores e redactores figuraba Santiago Montero Díaz.[3][4] O número un, que debía aparecer o 9 de novembro, non puido saír por un asaslto á imprenta Paredes onde se imprimía.[5][6][7] Os asaltantes detidos foron Sixto Aguirre, Jesús Parrado Vaamonde e Caamaño.[8][9] A imprenta sufriu un novo atentado días despois.[10][11] Finalmente apareceu o primeiro número co lema "España una, grande, libre", impreso na Coruña a principios de decembro; a súa distribución en Compostela orixinou incidentes.[12][13] Un grupo antifascista compostelán publicou unha folla como parte dunha campaña contra o quincenario.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un órgano fascista", El Compostelano, 6-11-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 7-11-1933, p. 11.
  3. El Compostelano, 7-11-1933, p. 2-3.
  4. El Pueblo Gallego, 10-11-1933, p. 7.
  5. El Eco de Santiago, 9-11-1933, p. 2.
  6. El Compostelano, 10-11-1933, p. 2.
  7. Galicia, 9-11-1933, p. 3.
  8. El Ideal Gallego, 10-11-1933, p. 1.
  9. El Correo Gallego, 11-11-1933, p. 1.
  10. El Pueblo Gallego, 15-11-1933, p. 10.
  11. El Ideal Gallego, 15-11-1933, p. 1.
  12. El Ideal gallego, 5-12-1933, p. 1.
  13. El Pueblo Gallego, 6-12-1933, p. 10.
  14. El Pueblo Gallego, 8-12-1933, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]