Organismo unicelular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Unicelular")

Un organismo unicelular é aquel organismo que está constituído por unha soa célula, como son todas as bacterias, os protozoos, paramecios, amebas, ciliados, etc. Representan a inmensa maioría dos seres vivos que poboan actualmente a Terra. Porén, os seres vivos que nos resultan familiares están constituídos por un conxunto de células, son os chamados organismos pluricelulares, aínda que na súa orixe tamén estes organismos proceden dunha única célula. Todos os organismos pasan nun momento inicial da súa existencia por ser unha soa célula. Por exemplo as bacterias, protistas, archaeas e certas algas e fungos, malia que hai un bo número de casos de algas e fungos pluricelulares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]