Unión del Pueblo Leonés
| Unión del Pueblo Leonés (UPL) | |
|---|---|
| Partido político do País Leonés | |
| Líder | Javier Chamorro (Presidente) Melchor Moreno (Secretario Xeral) |
| Fundación | 1986 |
| Ideoloxía | Leonesismo |
| Páxina web | www.upl.es/ |
Unión del Pueblo Leonés é un partido político español de carácter leonesista que arela conseguir que León, Zamora e máis Salamanca, (provincias integrantes do denominado País Leonés, e correspondentes ao antigo Reino de León e na división territorial de 1833) formen unha comunidade autónoma propia.
O xerme naceu co a Unión Leonesista (UNLE), organización política creada no ano 1986, por un grupo de persoas procedentes de movimentos leonesistas e de partidos políticos estatais (AP, UCD, PSOE ou o PSP), que crían que a integración da rexión de León na comunidade de Castela e León suporía a fin do Antigo Reino.
A unión da UNLE con outros seis grupos leonesistas, en febreiro do 1991, orixinou a nacemento oficial da UPL, sob o liderado de José María Rodríguez de Francisco, até entón concelleiro independente no Concello de León.
No 2003, a Unión del Pueblo Leonés atinxíu un aumento en votos e concelleiros, mais reduciu a súa representación na corporación da cidade de León, que gobernara en coalición co Partido Popular. A UPL pasou naquela altura a apoiar nese concello ao Partido Socialista Obrero Español, en prexuízo do Partido Popular, encabezado por Mario Amilivia.
Outramente apresentouse, por vez primeira, na provincia de Zamora, obtendo, con maioría absoluta, o goberno en cinco municipios, e mesmo o doutros, mercé o apoio doutras formacións; o balance total foi de máis de 50 concelleiros eleitos de UPL, o que o converteu na terceira forza desa provincia.
Porén, a posibilidade de ter en España un presidente de goberno leonés, o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, afectou o eleitorado leonesista, polo que nas eleccións xerais do 14 de marzo de 2004, o partido acadou uns resultados modestos.
Con todo, a UPL conta con cerca de catro mil afiliados, e a expansión da mesma espallouse noutras provincias, que contan na actualidade con comité propio, así en Zamora, Salamanca e Madrid.
En xuño de 2006, sendo secretario Abel Pardo Fernández, asinouse, en Salamanca, un acordo co partido Unión del Pueblo Salmantino e máis a organización de mocedade Conceyu Xoven, para apresentarse conxuntamente nas eleccións municipais de 2007, polo que por primeira vez na súa historia tenrá candidaturas en toda as provincias d País Leonés.
Índice |
Resultados electorais[editar]
Locais[editar]
Nas eleccións municipais de 2003, a UPL obtivo 45.791 votos (2,95% dos votos de toda Castela e León) que se traduciron en 230 concelleiros, Nos comicios de 2007, acadaron 32.004 votos na provincia de León, o 2,13%, e 163 edís. [1] Tres destes foron en León, dous menos que no 2003, mais onde posuían a chave da alcaldía, tren en Sahagún, un en Astorga e 4 en Villaquilambre, onde perdían a maioría absoluta. En Zamora, a coalición ZU-UPL obtivo 2.186 votos e 27 concelleiros.[2] Na lexislatura 2003-2007, a UPL dispuxo de dous deputados na Deputación Provincial de León, que mermarían en un nas elección do 2007.[3]
Nas eleccións autonómicas[editar]
Nesta táboa amósanse os resultados da Unión del Pueblo Leonés nas elección autonómicas do 2003 e 2007:
| Resultados electorais leonesistas nas eleccións autonómicas | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Circunscripción | 2003 | 2007 | ||||||||
| Votos | % | Procuradores | Votos | % | Procuradores | |||||
| León | 56.136 | 18,13 | 2 | 40.296 | 13,60 | 2 | ||||
| Zamora | 3.921 | 3,06 | 0 | 686 | 0,56 | 0 | ||||
| Salamanca | - | - | 0 | - | - | 0 | ||||
| Total | 60.057 | 9,14 | 2 | 40.982 | 6,49 | 2 | ||||
Nas eleccións xerais[editar]
Nas eleccións xerais españolas de 2008, a UPL presentouse só en León, obtendo 4.314 votos (1,34% da circunscripción leonesa), unha considerable merma con respecto aos resultados das xerais anteriores, nos que conseguira 13.406 votos en León (4% da circunscripción) e 754 en Zamora, onde si se presentara. [4] Os resultados no Senado foron levemente maiores, situándos entre 7.870 e 6.165 votos.[5]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen, pero non aparecerán as notas ata que se engada o modelo {{Listaref}}; consulte a páxina de axuda.