Unión do Maghreb Árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
اتحاد المغرب العربي

Unión do Maghreb Árabe
Bandeira de Unión do Maghreb Árabe
Bandeira
Escudo de Unión do Maghreb Árabe
Escudo
 
Situación de Unión do Maghreb Árabe
 
Sede Rabat, Marrocos
Idioma oficial árabe e francés
Forma de goberno Organización política e económica rexional
S. Xeral
Habib Ben Yahia
Membros Flag of Algeria.svg Alxeria
Flag of Libya.svg Libia
Flag of Mauritania.svg Mauritania
Flag of Morocco.svg Marrocos
Flag of Tunisia.svg Tunisia
Xentilicio Magrebí
Sitio web www.maghrebarabe.org

A Unión del Magreb Árabe (en árabe: اتحاد المغرب العربي, Ittiḥād al-Magrib al-ʿArabī) é un acordo de interacción comercial asinado o 17 de febreiro de 1989 en Marrakech polos xefes de Estado de Marrocos, Alxeria, Tunisia, Mauritania e Libia.

Descrición[editar | editar a fonte]

A súa orixe inmediata e o primeiro cumio magrebí, celebrado en Alxer o 10 xuño de 1988. As súas institucións máis relevantes son: o Consello Presidencial, composto polos xefes de Estado do cinco países membros baixo a presidencia por quendas de cada un deles durante seis meses; o Consello de Ministros de Asuntos Exteriores; o Comité de Seguimento, composto por un membro de cada goberno; o Consello Consultivo, composto por dez deputados de cada parlamento nacional; un órgano xudicial formado por dous xuíces de cada país, encargado de arbitrar os litixios entre Estados membros e unha Secretaría Xeral do Consello Presidencial.

Os xefes de Estado asinantes do tratado orixinal foron: o rei Hasan II de Marrocos; o presidente tunisiano Zine el-Abidine Ben Ali, o presidente alxerino Chadli Bendjedid, o líder libio Muammar al-Gaddafi e o presidente mauritano Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya.

A rivalidade tradicional entre Marrocos e Alxeria, ademais da cuestión sen resolver sobre a soberanía do Sahara Occidental bloquearon as reunións deste organismo desde o ano 1994. A última conferencia de alto nivel, que debería ter lugar en 2005, foi cancelada pola negativa de Marrocos a participar debido ao apoio verbal de Alxeria á independencia do Sahara Occidental. O Sahara Occidental foi unha colonia española até que foi invadida por Marrocos e Mauritania en 1974. Dende entón Alxeria apoiou sempre ao movemento de liberación saharauí, o Fronte Polisario.[1]

Membros[editar | editar a fonte]

Estado Dende Capital Poboación Área Densidade Linguas oficiais
Flag of Algeria.svg Seal of Algeria.svg Alxeria 1989 Alxer 34.895.000 2.381.741 14,6 Árabe
Flag of Libya.svg Seal of the National Transitional Council (Libya).svg Libia 1989 Tripoli 6.420.000 1.759.541 3,6 Árabe
Flag of Mauritania.svg Coat of arms of Mauritania.svg Mauritania 1989 Nouakchott 3.291.000 1.030.700 3,2 Árabe
Flag of Morocco.svg Coat of arms of Morocco.svg Marrocos 1989 Rabat 446.550 31.993.000 71,6 Árabe
Flag of Tunisia.svg Coat of arms of Tunisia.svg Tunisia 1989 Tripoli 10.432.500 163.610 63,8 Árabe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aggad, Faten. "The Arab Maghreb Union: Will the Haemorrhage Lead to Demise?" African Insight. April 6, 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]