Unión de Mulleres Antifascistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión de Mulleres Antifascistas foi una organización fundada en España como correspondente da Unión de mulleres contra a guerra e o fascismo feita pola Internacional Comunista, tras o triunfo de Hitler en Alemaña en 1933.

Esta organización, de inspiración comunista, permitía o ingreso nas súas ringleiras de mulleres de calquera ideoloxía política e deste xeito integráronse nela mulleres anarquistas, republicanas, socialistas, católicas, etc., chegando a ter máis de 60.000 afiliadas en España, Dolores Ibárruri era a súa presidenta.

Posteriormente á súa fundación, o sindicato Unión Xeral de Traballadores acordou en 1932 rebaixar as súas cotas á metade para facilitar o ingreso das mulleres, o mesmo fixo a Confederación Nacional del Trabajo en 1936, o que rebaixou algo a súa influencia, cedida ás Mujeres Libres da CNT e ao secretariado feminino do POUM

Co estalido da Guerra Civil española colaborou activamente co goberno da república na confección de uniformes e roupa para os refuxiados, estabelecendo asilos para orfos da guerra e hospitais de campaña.

Duramente reprimida tras a vitoria dos golpistas da ditadura franquista, con moitas das súas afiliadas fusiladas ou en prisión, a organización pasou ao exilio, en especial a Francia e México. En Francia moitas delas colaboraron coa maquis durante a Segunda Guerra Mundial e organizáronse despois da vitoria dos Aliados, celebrando en Tolosa, 1946, o seu primeiro Congreso no exilio, mantendo a súa axuda aos refuxiados e máis aos presos en cadeas españolas, porén foi en México dende onde seguiron loitando máis activamente. A partir dos anos 60 ampliaron a súa colaboración con outras organizacións de mulleres, enviando material escolar á Federación de Mulleres Cubanas de Cuba ou colaborando coas do Salvador e Nicaragua.

A Unión continuou coas súas actividades ata a liberación do último preso político en España, momento no que se disolveu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ruiz-Funes, Concepción y Enriqueta Tuñon. 1992 Nosotras fuimos la unión de mujeres españolas antifacistas en México (1939-1976). En Política y Cultura N° 1. Universidad Autónoma Metropolitana, Unidad Xochimilco. México.
  • Scanlon, Geraldine. La polémica feminista de la España contemporánea 1866-1974. Siglo XXI Editores, 1970.
  • Di Febo, Giuliana. Resistencia y movimientos de mujeres en España 1936-1976. Icaria, 1979

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]