Unión Liberal Democrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión Liberal Democrática (Bashkimi Liberal Demokrat en albanés) é un partido político de Albania, dirixido por Arjan Starova. Nas eleccións de 2001 foi parte da Unión para a Vitoria.
Nas eleccións de 2005 formou parte da Alianza pola Liberdade, Xustiza e Benestar e obtivo un escano na Asemblea de Albania.