Unión Asturianista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Asturianista
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
Data de fundación2004
Presidente/aXuan Xosé Sánchez Vicente (-) Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña
Na rede
http://union.asturianista.as/
editar datos en Wikidata ]

Unión Asturianista foi unha coalición electoral formada en Asturias en novembro de 2004 para aglutinar baixo unhas mesmas siglas as forzas rexionalistas e nacionalistas asturianas. Estivo formada polo Partíu Asturianista (PAS) e a Unión Renovadora Asturiana (URAS). A súa presidencia estivo formada polos dirixentes de ámbolos dous partidos, Xuan Xosé Sánchez Vicente do PAS e Sergio Marqués de URAS (que foi Presidente do Principado, como militante do Partido Popular, ata que abandonou a disciplina deste partido nacional, do que foi expulsado). Entre ambos alternáronse o candidato á presidencia autonómica, correspondente á candidatura na circunscrición central para as eleccións autonómicas de 2007 en URAS, que presentou a Sergio Marqués. Do mesmo xeito, fixéronse candidaturas suplentes nos concellos nos que concorre ás eleccións locais.

Nas eleccións locais de 2007, a coalición obtivo 11.527 votos (1,95%) e 11 concelleiros.[1] Nas eleccións autonómicas de 2007 obtivo 13.338 votos (2,2%),[2] sen conseguir ningún escano, xa que lle faltaron 2.500 votos[3] na circunscrición central para acadalo.

A coalición non se renovou para as eleccións de 2013.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultats de les eleccions locals de 2007". Arquivado dende o orixinal o 2007-06-05. Consultado o 2008-03-19. 
  2. "Resultats de les eleccions a la Junta General del Principat d'Astúries". Arquivado dende o orixinal o 2007-11-12. Consultado o 2008-03-19. 
  3. Desencanto en URAS-PAS por afastarse da representación parlamentaria.
  4. La Nueva España, ed. (9 de febreiro de 2012). "URAS recuerda que Marqués supo llegar a acuerdos cuando gobernó en minoría" (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]