Unha viaxe á Lúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha viaxe á Lúa
Autor/aGeorge Tucker
Lingualingua inglesa
Xénero(s)novela e ciencia ficción
Data de pub.1827
editar datos en Wikidata ]

Unha viaxe á lúa,[1] no orixinal inglés A Voyage to the Moon: With Some Account of the Manners and Customs, Science and Philosophy of the People of Morosofia and Other Lunarians, é unha novela de ciencia ficción escrita en 1827 polo estadounidense George Tucker. En galego foi publicada por Urco Editora en 2009 e a tradución correu a cargo do ourensán Xabier Cid.

Características[editar | editar a fonte]

É principalmente unha sátira mesturada coa reflexión moral así como unha análise económica daquel tempo e unha predición do futuro. Lembra en certos aspectos ás Viaxes de Gulliver.

Cómpre sinalar o enorme interese de Tucker nos avances científicos, aos que se refire seguido. A teoría do Big Splash ou formación da Lúa a partir da Terra é unha das ideas sobre as que xira a obra o autor e que resulta ser unha teoría aceptada nos nosos tempos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do libro". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]