Unha vida violenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Una vita violenta»)

Unha vida violenta
Título orixinalUna vita violenta
Autor/aPier Paolo Pasolini
OrixeItalia
LinguaItaliano
Xénero(s)Novela
EditorialItalia Garzanti
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Italia 1959
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas400
ISBNISBN 978-84-939647-6-4
TraduciónGonzalo Vázquez
editar datos en Wikidata ]

Unha vida violenta[1] é unha novela en lingua italiana escrita por Pier Paolo Pasolini e publicada en 1959 polo selo editorial Garzanti co título orixinal de Una vita violenta.

Foi traducido ao galego por Gonzalo Vázquez[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Pier Paolo Pasolini.

Pasolini comezara a traballar na obra en 1955, coa intención de continuar o proxecto iniciado con Ragazzi di vita, é dicir, seguir a explicar as condicións de vida da mocidade na emerxente periferia urbana de Roma. Por consello do editor, o autor suprimiu algún feito escabrosos e conflitivos politicamente.

A obra quedou finalista do premio Strega de 1959, entregado a Il Gattopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.

A novela narra a historia dun mozo, Tommaso Puzzilli, que vive na periferia romana de Pietralata. El, e tamén os seus compañeiros, sabe o que é pasar fame e coñece así mesmo a delincuencia, o crime organizado e a prostitución. Trata tamén da degradación cara a un comportamento violento e bárbaro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Unha vida violenta. Traducido por Gonzalo Vázquez (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-6-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]