Un bar aux Folies Bergère
| Un bar aux Folies Bergère |
| Édouard Manet, 1881 / 1882 |
| óleo sobre lenzo |
| 96 × 130 cm |
| Institut Courtauld |
Un bar aux Folies Bergère (en galego O bar de Folies Bergère) é unha pintura realizada polo pintor Édouard Manet entre 1880 e 1882. Constitúe a derradeira grande obra do pintor antes da súa morte.
A escena, contrariamente ás apariencias, non foi pintada no establecemento do Folies Bergère, sendo totalmente pintada no taller do pintor. A nova muller que actúa como modelo, chamada Suzon, é con todo unha empregada do famoso café-concerto.
Os numerosos elementos presentes sobre o mármore: botellas de bebidas alcohólicas, flores e as froitas forman un conxunto piramidal cuxa cúspide se atopa nas flores que adornan o peito da camareira. Porén a característica máis senlleira da pintura que causou unha maior atención da crítica é o espello sobre o cal se reflicte a figura de Suzon. O espello semella non devolver unha imaxe fiel á escena, tanto no que respecta á postura da moza como a presenza do home que se atopa diante da camareira e que non aparece no primeiro plano. Non se concluíu se esta anomalía é o resultado da vontade do artista ou dun sinxelo erro de xuízo.