Ulysses (novela)
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ulysses é unha novela de James Joyce, publicada primeiro en forma de serie no xornal americano The Little Review entre 1918 e 1920, e aparecida en forma de libro por primeira vez en 1922 en París.
Ulysses é unha novela densa: 267.000 palabras en total, cun vocabulario de máis de 30.000. Na maioría das edicións consta de entre 800 e 1.000 páxinas, divididas en 18 capítulos. Por describir, en diversos puntos, aspectos da fisioloxía humana entón considerados non publicábeis, o libro censurouse en diversos países, como nos Estados Unidos e no Reino Unido.
Argumento [editar]
Ulysses relata o paso por Dublín do seu personaxe principal, Leopold Bloom e de Stephen Dedalus durante un día calquera, o 16 de xuño de 1904.
Homenaxe [editar]
Cada ano na cidade de Dublín celébrase o 16 de xuño como o día de Leopold Bloom, en homenaxe a James Joyce, o Bloomsday.