Ulán Bátor - Улаанбаатар
Coordenadas: 47°55′12″N 106°55′12″E / 47.92°N 106.92°E
| Ulán Bátor - Улаанбаатар | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 1.350 msnm |
| Superficie: | 4.704´4 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.044.500 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 222 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Tüdeviin Bilegt |
| Sitio na web: | www.ulaanbaatar.mn |
Ulaanbaatar (Mongol: Улаанбаатар) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 2008 a súa poboación estimábase en 1.044.500 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun val ao pé da montaña Bogdo Uul.
Índice |
Historia e características [editar]
Fundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro Budista chamada Urga prosperou na década de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do té entre Rusia e mais China. Cando Mongolia se converteu na República Popular de Mongolia, no 1924, o seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroe vermello" na lingua mongol), en honra do heroe nacional mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.
Ulán Bátor ten un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autoestrada coas principias cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade ten a única universidade do país.
Ulán Bátor sitúase nas coordenadas xeodésicas 47.92 N, 106.92 E.
Lugares de interese [editar]
- Museo de Historia Natural
- Mausoleo de Sühbaatar
- Mosteiro de Gandantegchinlen Khiid coa estatua de Migjid Janraisig, de 25 m de alto
- Pazo de inverno de Bogd Khan