US Coutras Rink Hockey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
US Coutras Rink Hockey
Na rede
http://uscoutras.free.fr/

O US Coutras Rink Hockey é un equipo de hóckey a patíns francés da localidade de Coutras, na rexión de Aquitania. Foi fundado en 1936 coma Hockey Patin- Club Coutrillon, mais un comerciante de viños de Bordeos, poboación cunha grande tradición hoqueística na época. Actualmente disputa a Nationale 1, a máxima categoría do hóckey a patíns francesa.

Ao longo da súa historia conquistou 14 títulos de liga, aínda que hai máis de vinte anos que non consegue ningún título en categoría masculina. As súas mellores épocas foron a década dos '70 e os '80, cando acadaron catro títulos de xeito consecutivo.

Equipo feminino[editar | editar a fonte]

O US Coutras conta cun equipo feminino que tamén disputa a Nationale 1 feminina, ademais de ser un participante habitual na Copa de Europa de hóckey a patíns feminina, na que participou en tres edicións.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Categoría masculina

  • 16 Ligas francesas: 1964, 1966, 1968, 1970, 1971, 1972, 1974, 1975, 1977, 1980, 1983, 1984, 1985, 1986, 2010 e 2011

Categoría feminina

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]