URO VAMTAC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
URO VAMTAC
Herat2 (cropped).jpg
URO VAMTAC do Exército de Terra de España en Herat, Afganistán, en 2005.
Fabricante Galicia UROVESA
Produción 1998-Hoxe
Motor 2.998 cc 4L e 3.200 cc 6L
Potencia 166 e 188 CV
Lonxitude 4'845 m
Anchura 2'175 m
Altura 1'900 m

O URO VAMTAC (Vehículo de Alta Movilidad Táctico) é un vehículo todoterreo e multiuso con tracción ás catro rodas, fabricado pola empresa galega UROVESA en Santiago de Compostela. O VAMTAC está deseñado para uso militar malia que pode ser adquirido tamén para uso civil. A súa produción comezou en 1998, e segue na actualidade.

O VAMTAC ten sido comparado co Humvee estadounidense e co GAZ-2975 ruso polas súas características semellantes.

O Exército de Terra de España conta cunhas 2100 unidades. Tamén é empregado polo Exército do Aire de España, pola Unidade Militar de Urxencias, pola Garda Civil, polo SAMUR, polo Corpo Nacional de Policía, e polos exércitos de Portugal, Bélxica, Romanía (62 unidades), Marrocos (1200 unidades), Venezuela, Tailandia, Malaisia (85 unidades), Ghana, Irlanda (4 unidades) e República Dominicana.

A versión máis nova e potente do VAMTAC, denominada S3, conta cun motor diésel de 6 cilindros en liña, cunha cilindrada de 3'2 litros e 188 cabalos de potencia, tracción ás catro rodas, cambio de 5 velocidades, suspensión independente nas 4 rodas, freos de discos, depósito de 110 litros do combustible e velocidade máxima de 135 quilómetros por hora.

A estructura modular da carrocería fai que poida ser adaptado para diversas funcións, como carga de materiais, transporte de persoas, ambulancia, cisterna, plataforma lanzamísiles, posto de mando e control etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]