Tyler Hoechlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyler Hoechlin
Tyler Hoechlin.jpg
Hoechlin no ano 2011
Nacemento Tyler Lee Hoechlin
11 de setembro de 1987 (25 anos)
Corona, California,
Flag of the United States.svg Estados Unidos
Profesión Actor (1999-presente)
Ficha na IMDb

Tyler Lee Hoechlin nado o 11 de setembro de 1987 en Corona, California, é un actor estadounidense que conseguiu o papel protagonista xunto con Tom Hanks no filme Road to Perdition (2002) como Michael Sullivan Jr. Na televisión é recoñecido polo seu papel como Martin Brewer en 7th Heaven.

Índice

Traxectoria [editar]

Hoechlin é fillo de Lori e Don Hoechlin. Comezou a actuar con nove anos de idade. A súa actuación en Road to Perdition levouno a conseguir o papel de Martin Brewer na exitosa serie 7th Heaven no 2003

Hoechlin foi nomeado para un premio como nova estrela masculina no ano 2004. No 2008 interpretou a Nick no filme Solstice. Tamén será o protagonista da serie da MTV Teen Wolf e actuou nun episodio de Castle na súa segunda tempada. Recentemente protagonizou xunto a Owen Wilson e Christina Applegate o filme Hall Pass (2011))

Hoechlin é, asemade, xogador de béisbol. Comezou a xogar con sete anos de idade e anteriormente estivo no cadro de Arizona State University e o Battle Creek Bombarderos da Liga Northwoods. No 2008 xogou dentro do cadro do UC Irvine Anteaters.

Filmografía [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]