Txoko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Txoko (palabra vasca que significa recuncho ou sitio pequeno) é o nome que reciben os locais sedes de sociedades gastronómicas, que poden ser tamén recreativas ou deportivas, creadas no País Vasco. Nalgúns lugares do país, principalmente en Guipúscoa, coñéceselles tamén co nome de sociedades. En Navarra tamén lles chaman "peñas" e participan activamente na organización das festas, as de Pamplona coñécense como peñas sanfermineras.

Estas sociedades están compostas por socios que moitas veces pertencen a unha mesma cuadrilla, e utilízanse para realizar ceas e comidas, ben entre os socios, ben entre un socio e os seus invitados.

Normalmente págase unha cota que serve para liquidar os gastos comúns e logo cada socio paga o gasto que el realiza. Os socios adoitan ser homes, ata datas recentes as mulleres tiñan prohibido o paso ás sociedades (aínda queda algunha nas que non poden entrar como a Sociedade Gaztelubide de Donostia). De todos os xeitos é común que non poidan entrar na cociña.

Características[editar | editar a fonte]

Unha característica básica dos txokos é que son os propios socios os que cociñan. Realízase desde a compra no mercado, ou se obtén a materia prima dalgunha outra forma, caza, pesca, recolección... ata a recollida final dos utensilios utilizados (algunhas veces hai un servizo de limpeza). Como se pode supor a parte máis importante de calquera txoko é a cociña.

É moi común que logo da comida, ou mentres come, cántese en grupo. A afección que existe no País Vasco ao cantar xuntos é moi grande, de tal forma que é moi habitual atopar cuadrillas de todas as idades que cantan nas sobremesas e nas propias comidas, ou cando van de bares.

Explicación sociolóxica[editar | editar a fonte]

A sociedade vasca é matriarcal. Na casa, no casarío, ou nas casa dos arrantzales (pescadores) a que leva o peso da rutina diaria é a muller. O home, aínda sendo o cabeza de familia e figurando socialmente como tal, asume un papel pasivo na organización das tarefas do fogar, ata nos casaríos onde a produción gandeira e agrícola é importante. Segundo contan os txokos, as sociedades, servían para que os homes puidésense "escapar" da casa e do control da muller, de aí a prohibición de entrada a estas. Isto xa non é así, o acceso da muller ao traballo fóra do fogar e o súa cualificación, xunto cunha educación destinada á igualdade entre sexos fixo que na actualidade todo aquilo sexa xa recordos.

Outros txokos[editar | editar a fonte]

Nalgunhas casas grandes adoitan destinar un sitio, normalmente un soto ou semisoto, a realizar reunións cos amigos. Ese lugar adoita ter unha cociña e unha ampla mesa e desígnase, por analoxía, txoko.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]