Two Thousand Maniacs!
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Two Thousand Maniacs! | |
|---|---|
| Título orixinal | Two Thousand Maniacs! |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Herschell Gordon Lewis |
| Produtor | David F. Friedman |
| Guión | David F. Friedman |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | William Kerwin Connie Mason Jeffrey Allen |
| Música | Larry Wellington |
| Fotografía | Herschell Gordon Lewis |
| Montaxe | Robert Sinise |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Box Office Spectaculars |
| Ano | 20 de marzo de 1964 |
| Duración | 87 min. |
| País | Estados Unidos |
| Xénero | |
| Orzamento | $65,000 (estimación) |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Two Thousand Maniacs! é unha película de 1964 de cine gore dirixida e escrita por Herschell Gordon Lewis. É a segunda parte da triloxía coñecida popularmente como "The Blood Trilogy" ("a triloxía do sangue"), onde tamén están os títulos Blood Feast (1963) e Color Me Blood Red (1965). No libro A Taste of Blood: The Films of Herschell Gordon Lewis, de Christopher Wayne Curry, indícase que esta era unha das películas favoritas de Lewis.[1]
É coñecida polas súas escenas a cor de violencia gráfica e tortura, coa actuación propia dunha película de serie B. Está protagonizada pola Playboy de 1963 Connie Mason. No 2005 fíxose unha reversión chamada 2001 Maniacs, protagonizada por Robert Englund.
A canción da película está escrita e cantada polo director Lewis. O título da película inspirou logo o nome do grupo musical 10,000 Maniacs. É un clásico da época do cine ao aire libre.
Índice |
Sinopse [editar]
A historia da película está inspirada no musical de 1947 de Lerner e Loewe Brigadoon.[2] Seis turistas norteños son metidos na pequena vila sureña de Pleasant Valley como invitados de honra da celebración dos cen anos do día no que a Unión destruíu o pobo. Os turistas van sendo separados un por un e son obrigados a participar en situacións que rematan con mortes violentas. Os dous últimos turistas, despois de descubrir o plan da festa, intentarán fuxir, cousa que conseguirán, chegando onda un sherif que lles di que a cidade fora destruída cen anos antes. A película remata con dous personaxes falando do centanario do 2065, cando Pleasant Valley volverá a aparecer para vingarse dos Yankees.
Produción [editar]
Two Thousand Maniacs! rodouse en quince días, a principios de 1964, na localidade de St. Cloud, Florida. Segundo fontes posteriores, o pobo enteiro participou no filme.[3]
Notas [editar]
- ↑ Curry, Christopher. A Taste of Blood: the Films of Herschell Gordon Lewis. [London]: Creation, 1998. pg. 67 ISBN. 1-871592-91-7
- ↑ Doll, Susan; and Morrow, David. Florida on Film: The Essential Guide to Sunshine State Cinema & Locations. Gainesville, Florida: University Press of Florida, 2007. ISBN 978-0-8130-3045-6. p. 163.
- ↑ Romer, Jean-Claude, Silver Alain (trans.) "A Bloody New Wave in the United States" (July 1964), in Silver, Alain & Ursini, James (eds.) Horror Film Reader. New York: Limelight Editions, 2000. ISBN 0-87910-297-7. p. 63-64.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Two Thousand Maniacs! en AllRovi (en inglés).