Two Gallants

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Two Gallants
TwoGallants.jpg
Orixe San Francisco, California, Flag of the United States.svg
Período 2002 - actualidade
Xénero(s) indie rock, lo-fi, folk rock, acoustic-blues
Selo(s) discográfico(s) Saddle Creek, Alive Records
Membros Adam Stephens
Tyson Vogel
Na rede
http://www.twogallants.com/

Two Gallants é un dúo de indie rock procedente de San Francisco, California. O nome está tirado do título dunha historia de James Joyce do libro Dubliners.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Two Gallants está composto por Adam Stephens na guitarra, harmónica e voces e Tyson Vogel na batería e as voces.

Stephens e Vogel comezaron a realizar concertos en San Francisco no ano 2002, cando os dous tiñan 20 anos. Autoeditaron dous CDs por separado (agora descatalogados), e esas gravacións estendéronse polos Estados Unidos durante os seus primeiros anos de xiras (tocando en casas, almacéns, parques ou na rúa). Despois de gravar o seu traballo de estrea, The Throes, para Alive Records, mantivéronse de xira, pero tocando cada vez en máis clubs. En xullo do 2005 asinaron con Saddle Creek Records, e no mes de agosto fixeron o seu primeiro concerto no outro lado do Atlántico, en Londres, pasando tamén polos festivais de Leeds e Reading.

En febreiro do 2006 editaron What the Toll Tells a través de Saddle Creek. Del sacáronse dous sinxelos: "Las Cruces Jail" e "Steady Rollin'". Xiraron por Europa despois da aparición do álbum, e polos Estados Unidos e Canadá en maio e xuño. No verán foron convidados a numerosos festivais europeos, e en setembro volverian a saír de xira polos Estados Unidos e Europa.

Durante a xira estadounidense os medios prestáronlle moita atención a un incidente nunha actuación en Houston, Texas, cando un policía investigando unha denuncia por ruído supostamente atacou á banda e a varios seareiros cun táser.

A banda editou o seu terceiro álbum, Two Gallants, en setembro do 2007 a través de Saddle Creek, e este incluía o sinxelo "Despite What You've Been Told".

Two Gallants publicou The Bloom and the Blight o 4 de setembro do 2012. É o seu primeiro traballo en cinco anos e o primeiro tamén co selo ATO records.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]