Lingua tuvaluana
| Lingua tuvaluana (Nganana Tuvalu) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Tuvalu Fidxi |
|
| Rexións: | Oceanía | |
| Total de falantes: | 13.051 (10.670 en Tuvalu) | |
| Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Centro-oriental Malaio-polinesia oriental Oceánica Oceánica centro-oriental Oceánica remota Pacífico central Fidxiano-polinesia oriental Polinesia Polinesia nuclear Samoica Eliceana Lingua tuvaluana |
|
| Escrita: | Latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Tuvalu | |
| Regulado por: | - | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | tvl | |
| ISO 639-3: | tvl | |
O tuvaluano é unha lingua polinesia do grupo Elliceano, falado principalmente en Tuvalu, onde é lingua oficial. Está distantemente relacionado con outras linguas polinesias como o hawaiano, o maorí, o tahitiano, o samoano e o tongano, e está máis relacionado con idiomas falados no norte e centro de Melanesia e parte de Polinesa. Existen 13.051 fablantes de tuvaluano no mundo, dos cales 10.670 viven en Tuvalu.
Non ten regulación oficial e é só oficial en Tuvalu.
Índice |
Gramática [editar]
O sistema fonético tuvaluano componse de cinco vogais (a,e,i,o,u) e 10 ou 11 consoantes (p, t, k, m, n, ng, f, v, s, h, l), dependendo do dialecto. Todos os sons existen en formas curtas e longas, que contrastan entre si. Hai catro artigos posibles en tuvaluano: definido singular te, indefinido singular se, definido plural nulo e indefinido plural ne ou ni (dependendo do dialecto). O verbo pode ir no inicio ou no medio da oración, e a orden de suxeito, obxecto directo e obxecto indireto é relativamente libre. O adxectivo xeralmente segue o substantivo.
Dialectos [editar]
Cada illa ou atol ten o seu propio dialecto, agrupados en dúas bandas: os dialectos do norte, que se falan en Nanumea, Nanumaga, Niutao e Niulakita; e os dialectos do sur, que se falan en Funafuti, Vaitupu, Nukufetau e Nukulaelae. Todos os dialectos son intelixibles para os tuvalu-parlantes. O idioma oficial do país toma como referencia os dialectos de Funafuti-Vaitupu.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Niko Besnier, 1995, Literacy, Emotion, and Authority: Reading and Writing on a Polynesian Atoll, Cambridge University Press
- Niko Besnier, 2000, Tuvaluan: a Polynesian language of the Central Pacific, Routledge