Turbelarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Turbelario")
Turbelarios
Pseudoceros dimidiatus.jpg

O turbelario Pseudoceros dimidiatus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Platyzoa
Filo: Platyhelminthes
Clase: Turbellaria
Ordes

Os Turbelarios (Turbellaria) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica a de incluír a todas aquelas especies deste filo que non son exclusivamente parasitas, xa que a maioría son depredadoras de microorganismos, pequenos invertebrados ou son herbívoras.

A maioría son organismos bentónicos, mariños ou de auga doce; algúns posteriormente adaptáronse a ambientes húmidos terrestres. A súa locomoción depende de cilios, e escavan activamente en busca de comida. Reprodúcense sexualmente e todos son hermafroditas.

Todos son planos con forma de cinta o de folla xa que a súa falta de sistemas respiratorio e circulatorio significa que teñen que depender da difusión para o transporte interior. Varían en lonxitude dende 1 mm a 50 cm.

Acoelomorpha e o xénero Xenoturbella incluíronse na clase dos Turbelarios pero cos datos actuais xa non se consideran como platihelmintos e teñen o seu propio filo.

Planarias en movemento.

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Turbelarios
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Turbelarios

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]