Tupac Shakur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupac Shakur
Tupac graffiti New York.jpg
Nome completo Lesane Parish Crooks
Alias 2Pac, Makaveli, Pac
Naceu East Harlem, Manhattan, Nova York
Orixe 16 de xuño de 1971
Morreu 13 de setembro de 1996 (25 anos)
Ocupación (s) rapeiro, actor, poeta, activista
Xénero hip hop
Selo(s) discográfico (s) Death Row, Interscope
Relacionado con Outlawz, Thug Life, Danny Boy, Digital Underground, Dr. Dre, Johnny "J", Ice Cube, Nate Dogg, The Notorious B.I.G., Snoop Dogg
Tempo en activo 1988 - 1996
Na rede
[1]

Lesane Parish Crooks, máis coñecido polo pseudónimo de Tupac Amaru Shakur e tamén coñecido polos nomes artísticos de 2Pac (ou simplemente Pac) e Makaveli, nado en Manhattan o 16 de xuño de 1971 e falecido o 13 de setembro de 1996 en Las Vegas, foi un rapeiro estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo da activista dos Panteiras Negras, Afeni Shakur, recibiu o seu nome en homenaxe ó líder indíxena Túpac Amaru II. Shakur publicou en vida 5 álbums e outros moitos apareceron tras a súa morte, a maior parte das súas cancións tratan da vida violenta e dura nos guetos, o racismo, as desigualdades sociais e as rivalidades con outros rapeiros. Comezou a súa carreira como bailarín para o grupo de hip hop alternativo Digital Underground e pertenceu ós grupos Outlawz, Emcees, Two From The Crew, Strictly Dope e Thug Life. Morreu en 1996 tras pasar sete días en coma ó ser tiroteado na cidade das Vegas, nun crime que non se resolveu. Segundo o Libro Guinness dos Récords é o rapeiro que máis discos vendeu no mundo, con 50 millóns nos Estados Unidos e 80 millóns no resto do mundo, o seu éxito contribuíu á expansión mundial do rap nos anos 90 e o seu carisma, a súa fantasía, o seu léxico coidado e a súa morte prematura convertérono nunha das grandes iconas do xénero.