Tuneladora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tunnel Boring Machine (Yucca Mt).jpg

Unha tuneladora é unha máquina capaz de escavar túneles a sección completa, á vez que colabora na colocación dun sostemento para este de forma provisional ou definitiva.

Características[editar | editar a fonte]

A escavación realízase normalmente mediante unha cabeza xiratoria equipada con elementos de corte e accionada por motores hidráulicos (alimentados á súa vez por motores eléctricos, dado que a alimentación xeral da máquina se realiza con enerxía eléctrica), aínda cando tamén existen tuneladoras menos mecanizadas sen cabeza xiratoria.

O empuxe necesario para adiantar conséguese mediante un sistema de gatos perimetrais que se apoian no último anel de sostemento colocado ou en zapatas móbiles (denominadas grippers), accionados tamén por gatos que as empuxan contra a parede do túnel, de forma que se obtén un punto fixo desde onde empuxarán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tuneladora

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]