Tubo de ensaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diferentes formas dun tubo de ensaio:
A: forma común;
B: para precipitacións, na centrifugadora;
C: graduado.

Un tubo de ensaio consiste nun pequeno tubo de vidro (frecuentemente pyrex) ou de plástico (frecuentemente polipropileno), cun extremo aberto (que pode ter unha tapa ou un tapón) e o outro pechado e arredondado, que se utiliza nos laboratorios para conter pequenas mostras líquidas e para realizar reaccións a pequena escala, entre outras cousas.

Metodoloxía de uso para quentar mostras[editar | editar a fonte]

Para quentar durante intervalos curtos de tempo á chama directa pode sosterse o tubo coa man, suxeitándoo pola parte superior. Se se desexa expoñer máis intensamente á calor é necesaria a utilización de pinzas. En ambos os casos debe terse a precaución de non apuntar coa boca do tubo cara a algunha persoa (para evitar proxeccións da mostra). Os tubos de ensaio non se deben encher máis alá do primeiro terzo.

Simbolismo cultural[editar | editar a fonte]

Os tubos de ensaio foron utilizados nos procedementos químicos e biolóxicos e, xunto cos matraces de Erlenmeyer, as probetas e os vasos de precipitados, vense xeralmente como símbolos da ciencia e da experimentación científica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tubo de ensaio

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]