Tubérculo conoide da clavícula
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tubérculo conoide da clavícula | ||
|---|---|---|
| Superficie inferior da clavícula | ||
| Latín | tuberculum conoideum | |
| Gray | tema #49 200 | |
O tubérculo conoide da clavícula ou tuberosidade coracoide é unha formación ósea situada na parte posterior da superficie inferior da clavícula. En posición anatómica está por encima da apófise coracoide da escápula. Serve para a inserción do ligamento conoide, que participa na articulación acromio-clavicular.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.