Tsitsi Dangarembga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tsitsi Dangarembga, nada en Mutoko en 1959, é unha escritora e directora cinematográfica de Cimbabue.
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia da clase alta, pasou parte da súa infancia en Inglaterra, comezou medicina en Cambridge, pero tras a caída do réxime branco no seu país volveu a Cimbabue e comezou a estudar sicoloxía na Universidade de Harare, ao tempo que participaba no grupo de teatro universitario.
Fíxose coñecida pola publicación da novela, Nervous Conditions en 1988. En 1996 dirixiu o seu primeiro filme, Everyone's Child, o primeiro dirixido en Cimbabue por unha muller negra.
Obra [editar]
Literatura
- The Letter, 1985
- She No Longer Sweeps, 1987 (teatro)
- Nervous Conditions, 1988 (novela)
- The Book of Not: A Sequel to Nervous Conditions, 2006
Cinema
- Everyone's Child, 1996 (longametraxe)
- Kare Kare Zvako, 2004 (curtametraxe)