Truth in Numbers?
Truth in Numbers? Everything, According to Wikipedia (en galego, A verdade en números? Todo, conforme a Wikipedia) é unha película estadounidense sobre a Wikipedia.
Índice |
Sinopse [editar]
A película explora, ante todo, a extraordinaria habilidade humana da comunicación e como foi desenvolvéndose. Móstranos o rexistro da historia e o seu propósito. Por outra banda, examina como os medios de comunicación capturan os acontecementos contemporáneos e os comunican ós seus consumidores. De seguido, a película fai fincapé nos arquivos de información organizada que chamamos enciclopedias. Explora o desafío á antiga forma de escribilas e explica tamén como a adopción masiva da internet como instrumento de comunicación influíu en dito desafío. A película preséntanos aqueles grupos de persoas baseados na web que crearon vastas redes de coñecemento que continuamente poñen en xaque ós medios tradicionais de comunicación. A Wikipedia é entón presentada como o mellor exemplo deste relativamente novo fenómeno, ó ser o primeiro sitio que mobiliza verdadeiro potencial da internet mediante a produción de coñecemento por parte de calquera persoa do planeta de forma gratuíta.
Estrea [editar]
O filme foi estreado en xuño de 2010 durante a conferencia de Wikimanía en Gdansk, e despois en Nova York o 20 de outubro de 2010[1].
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (en inglés)
- Truth in Numbers? na IMDB (en inglés)
- Tráiler