Trufa de chocolate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un prato de trufas de chocolate recubertas de cacao en po e azucre glas

A trufa é un doce de pequeno tamaño e forma esférica, elaborado con chocolate, manteiga e azucre e cuberto de cacao en po ou fideos de chocolate[1].

É un doce con aspecto e sabor semellante ao bombón mais elaborado cunha mestura de chocolate negro fundido (tipo fondant), manteiga, azucre glas, xema de ovo e crema de leite.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A "trufa" tradicional orixinouse en Bélxica e foi chamada de trufa porque a forma e a textura aseméllase moito á do cogomelo mesmo nome. En América do Norte, o termo “trufa” utilízase de forma moi liberal e os chocolates chamados de trufas son tipicamente redondos e de forma de montaña cun centro rico e liso de chocolate, feito de po ou crema de cacao puro (ou ambas as dúas cuosas), úntaselle unha crema, preferibelmente unha elaborada a base de manteiga fina e finísimo azucre. En Bélxica denomínanse "garnache".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]