Troponina T tipo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Troponina T tipo 1 (músculo esquelético 1, lenta)
Identificadores
Símbolo TNNT1
Símbolos alt. ANM, STNT, TNT, TNTS, FLJ98147, MGC104241
Entrez 7138
HUGO 11948
OMIM

191041

RefSeq NM_003283
UniProt P13805
Outros datos
Locus Cr. 19 q13.4

A troponina T, músculo esquelético lenta ou troponina T tipo 1 (TNNT1) é unha proteína que se encontra nos miofilamentos finos das fibras musculares, que nos humanos está codificada no xene TNNT1 do cromosoma 19.[1][2] É unha das tres isoformas da troponina T; as outras dúas son TNNT2 e TNNT3. Esta isoforma exprésase no músculo esquelético de contracción lenta. A troponina T únese á tropomiosina situándoa sobre os filamentos de actina do sarcómero muscular tapando os sitios da actina para a unión coa miosina, o que impide a contracción muscular. A troponina é un complexo proteico que regula a contracción muscular formado por tres subunidades, que son as troponinas T, C e I.

As mutacións no xene TNNT1 causan a miopatía nemalínica tipo 5, un trastorno muscular que afecta aos nenos e adoita orixinar a morte por insuficiencia respiratoria no segundo ano.[2]

Interaccións[editar | editar a fonte]

A TNNT1 interacciona coa tropomiosina, a troponina C e coa proteína quinase PRKG1.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Samson F, de Jong PJ, Trask BJ, Koza-Taylor P, Speer MC, Potter T, Roses AD, Gilbert JR (Sep 1992). "Assignment of the human slow skeletal troponin T gene to 19q13.4 using somatic cell hybrids and fluorescence in situ hybridization analysis". Genomics 13 (4): 1374–5. PMID 1505979. doi:10.1016/0888-7543(92)90077-6. 
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: TNNT1 troponin T type 1 (skeletal, slow)". 
  3. Yuasa, K; Michibata H; Omori K; Yanaka N (Dec 1999). "A novel interaction of cGMP-dependent protein kinase I with troponin T". J. Biol. Chem. (UNITED STATES) 274 (52): 37429–34. ISSN 0021-9258. PMID 10601315. doi:10.1074/jbc.274.52.37429. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]