Tronco de Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre unha torta, para a tradición pagá de Nadal galega véxase o artigo Tizón de Nadal.
Un tradicional Tronco de Nadal.[1], feito con bolo de Génoise, crema de manteiga de cacao, gornecido con azucre refinado, framboesas e anacos de piñas.

O tronco de Nadal (en francés Bûche de Noël) é unha sobremesa típica, servida na Noiteboa ou final do ano en Francia, Bélxica, Canadá, Líbano, Vietnam e moitos outros países francófonos. Como o propio nome indica, o bolo é comunmente preparado, presentado e gornecido para que aparente un tronco listo para ser queimado, como se usaba o tizón de Nadal nos antigos festivais galegos e europeos de lumes do solsticio de inverno.[2]

O toro tradicional fabrícase con bolo xenovés (tipo bica) ou outro biscoito; xeralmente cocido nun asadeiro ou bandexa grande e rasa (de brioche), conxelada, enrolada na forma dun cilindro e conxelada novamente polo lado de fóra. A combinación máis común é bolo esponxoso amarelo, conxelado e recheo con chocolate e crema de manteiga; con todo, existen moitas variacións da receita orixinal, podendo incluír masas de bolo de chocolate, ganache e expreso ou sabores diversos, glacés e recheos. Os toros sérvense frecuentemente co anaco final tallado e fixado na parte superior do bolo ou de lado para se asemellar a un tronco serrado, e a textura da casca de árbore faise con crema de manteiga para resaltar o realismo. Isto obtense invariabelmente arrastrando un garfo en cobertura de glacé. Estes bolos decóranse con frecuencia con azucre refinado para semellar a neve; pólas de árbores, sementes, e cogomelos feitos con merengue.

Pode ser considerado unha variante da torta coñecida coma brazo de xitano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buche de Noel
  2. Chamber's Book of Days (en inglés). W&R Chambers. 1869. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]