Trompeteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trompeteiro
Camachuelo trompetero.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Bucantes
Nome científico
Bucanetes githagineus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O trompeteiro (Bucanetes githagineus ou Rhodopechys githagineus) é un paxaro da familia dos frinxílidos (Fringillidae).


Descrición[editar | editar a fonte]

É un paxaro gordecho duns 12 cm de lonxitude e coas alas relativamente longas. A plumaxe de base é gris. Na época de reprodución os machos teñen o peteiro vermello, o lombo castaño pálido, o peito e a cola rosados. A cola dos machos ten, nesta época, plumas terminais escuras. O seu peteiro é curto e forte, axeitado para quebrar sementes duras. Come, porén, outras partes das plantas e mesmo insectos.O seu nome vulgar procede do seu canto, de timbre metálico, que recorda o dunha trompetiña de xoguete.

Distribución xeográfica e hábitat[editar | editar a fonte]

Cría nas illas Canarias, e no norte de África, ata o mar Vermello, e dende a península de Anatolia ata Asia central. En Europa hai unha pequena poboación estable en España, a onde chegou procedente do norte de África. Foi detectado por primeira vez como invernante no ano 1969 e, dende 1972, como ave reprodutora na provincia española de Almería. Dende alí espallouse pola costa mediterránea ata o delta do Ebro.

No verán do 2005 houbo un notable desprazamento de individuos desta especie cara o noroeste de Europa, acadando algúns exemplares Inglaterra.

Son en xeral aves sedentarias, aínda que hai unha certa dispersión postreprodutora, que fai que algúns paxaros do centro de Asia se desplacen en inverno cara ó Paquistán.

Viven en zonas áridas e abertas (deserto e semideserto, zonas esteparias e de rocha) polo que a súa expansión foi relacionada cos efectos do cambio climático. Nos novos territorios amosa aínda certa inadaptación: a mortalidade dos polos é alta e tamén a dos adultos no inverno.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Bucanetes githagineus amantum

Poñen, na primavera, entre 4 e 6 ovos, que chocán unhas dúas semanas. Os polos tardan ó redor de dúas semanas máis en abandonalo niño.

Status na Península Ibérica[editar | editar a fonte]

Malía o aumento da súa área de distribución, é considerado unha especie ameazada en España (Real Decreto 439/1990 de 30 de marzo).

A subespecie presente na Península Ibérica é Rhodopechys githagineus zedlitzi, mentres que a forma canaria é Rhodopechys githagineus amantum.

Nome vulgar noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Alemán: Wüstengimpel
  • Francés: Roselin githagine
  • Inglés: Trumpeter finch
  • Italiano: Trombettiere
  • Portugués: Pintarroxo trombeteiro

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]