Trompeta con pregamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trompeta con pregamentos
Trompetenpfifferlinge.jpg
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Homobasidiomycetes
Orde: Cantharellales
Familia: Cantharellaceae
Xénero: Craterellus
Nome científico
Craterellus tubaeformis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A trompeta con pregamentos (Craterellus tubaeformis, anteriormente coñecida coma Cantharellus tubaeformis), é un cogomelo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. Son fungos comestibles, que se consumen frescos ou secos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son fungos de forma circular, tubular ou de funil, a miúdo atravesados por un furado que chega ata ó pé, de entre 2 e 6 (as veces 10) cm. de alto. O sombreiro, que mide entre 1 e 7 cm. é convexo nos exemplares máis novos pero deprímese rapidamente. A coloración varía entre o castaño e o amarelo con tons agrisados. A beira do sombreiro é enrolada nos exemplares máis novos a sinuosa nos que teñen máis tempo. O pé, amarelo vivo, é relativamente longo e fino, flexible e oco. Non teñen lamelas na parte inferior do sombreiro, pero uns pregos gris prateados recorren lonxitudinalmente o pé. As esporas son abrancazadas.

Trompeta con pregamentos.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Son fungos propios de bosques caducifolios ou de coníferas de chans ácidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Trompeta con pregamentos
  • Régis Courtecuisse, Bernard Duhem : Guide des champignons de France et d’Europe (Delachaux & Niestlé, 1994-2000).