Troll (Terra Media)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un troll é un ser xigantesco e malvado que aparece nas novelas de J.R.R. Tolkien. Moitos trolls eran servidores de Sauron e medían cinco metros[Cómpre referencia].

Características[editar | editar a fonte]

Os trolls foron creados por Melkor na Primeira Idade do mundo, aínda que a súa orixe verdadeira non se coñece. Bárbore conta que os trolls creáronse a partir de Ents, corrompidos polos orcos, que son á súa vez elfos torturados e corrompidos tamén por Melkor. Tamén se di que os trolls creáronse como burla dos Ents.

No "Hobbit", os trolls descríbense como seres enormes (disque ó redor de 10 pés de alto), poderosos, feos e particularmente estúpidos. A súa grosa pel protéxeos dos golpes, pero a maioría deles transfórmanse porén en pedra cando se ven expostos ós raios do sol. É por iso que viven en cavernas, onde acumulan grandes tesouros. Ós trolls gústalles matar polo pracer de matar, e comen carne de Home, Hobbit, Anano ou Elfo en canto se lles presenta a ocasión.