Tritón (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tritón, nun relevo helenístico do século II d.C., Estanbul.

Tritón é unha figura da mitoloxía grega, fillo de Poseidón, deus do mar, e da nereida Anfitrite.

Tritón tiña un corno de concha que ao facerlle soar calmaba as tempestades e anunciaba a chegada do deus do mar. Aparece representado coa súa parte superior humana (torso e cabeza) e a inferior con forma de peixe. A súa orixe é pre-grega, probabelmente fenicia.

É coñecido pola axuda que lle deu a Xasón e aos Argonautas para que puidesen atopar a ruta a seguir. Porén, noutra aventura debe loitar contra Heracles, para que este non averigüe o camiño ao Xardín das Hespérides.

Na iconografía co nome de Tritóns desígnanse un amplo número de divindades mariñas menores que acompañan a Poseidón.

Segundo Karl Kerényi, é un centauro de mar, coa parte superior do seu corpo como un home, as patas dianteiras dun cabalo e a parte inferior do corpo semellante a un golfiño. Este ser recibe tamén o nome de ictiocentauro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]