Tricrómico de Masson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tricrómico de Masson, como outras coloracións tricrómicas, é una tinguidura especial que permite visualizar claramente as fibras de coláxeno tipo I que forman as fibras grosas ou faces, deseñados para dar resistencia; en menor intensidade tínguense as fibras reticulares. Empréganse tres colorantes para diferencia-los núcleos, citoplasma e as fibras de coláxeno.

Descrición[editar | editar a fonte]

As seccións primeiro tínguense cunha tinguidura ácida tal como escarlata de Biebrich. Tódolos elementos acidófilos do tecido tales coma citoplasma, músculo e coláxeno agárranse ás tinguiduras ácidas. As seccións entón trátanse co ácido fosfotúngstico e/ou fosfomolíbdico. Xa que o citoplasma é moito menos permeable que o coláxeno, os ácidos fosfotúngsticos e fosfomolíbdicos fan á escarlata de Biebrich saír do coláxeno pero non do citoplasma. Os ácidos fosfotúngsticos e fosfomolíbdicos teñen numerosos grupos ácidos que probablemente actúen como medio de unión entre o coláxeno e o azul da anilina, que é a tinguidura do coláxeno. Probablemente o pH da solución ácida fosfotúngstica/fosfomolíbdica tamén aumente a coloración e axude ó coláxeno na difusión ou na retirada dos colorantes.

Calquera tecido con compoñente conxuntivo pode empregarse como tecido de control, en especial con contido en fibras coláxenas. Calquera fixador é válido, se ben é de elección a solución de Bouin. O grosor de corte óptimo é de entre 4 e 6 micróns. O resultado en núcleos é unha cor azul-moura, en citoplasmas, queratina, fibras musculares e eritrocitos unha cor vermella e en coláxeno e reticulina unha cor azul ou verde. A técnica presenta multitude de variantes, pero as principais modificacións fan referencia ó uso dun diferenciador despois da hematoxilina (ácido pícrico), o tempo das solucións, a temperatura, etc.

  • Reactivos
  1. Solución de hematoxilina férrica de Weigert.
  2. Solución de escarlata de Biebrich – fucsina ácida:
    1. Escarlata de Biebrich ó 1% en auga destilada, 90.0 ml.
    2. Fucsina ácida ó 1% en solución acuosa, 9.0 ml.
    3. Ácido acético glacial, 1.0 ml.
  3. Solución acuosa de ácido fosfomolíbdico (utilizar ácido fosfotúngstico, na mesma proporción, se se vai a tinguir con verde luz):
    1. Ácido fosfomolíbdico, 5.0 gr.
    2. Auga destilada, 200.0 ml.
  4. Solución de azul de anilina:
    1. Azul de anilina, 2.5 gr.
    2. Ácido acético glacial, 2.0 ml.
    3. Auga destilada, 98.0 ml.
  5. Solución de verde luz ó 2% (alternativa ó azul):
    1. Verde luz SF amarelento, 2.0 gr.
    2. Auga destilada, 99.0 ml.
    3. Ácido acético glacial, 1.0 ml.
  6. Solución diferenciadora: solución acuosa de ácido acético glacial ó 1%.
  • Procedemento
  1. Desparafinar e hidratar ata a auga destilada de xeito habitual.
  2. En material fixado en solucións de formaldehido ou alcohólicas recoméndase facer unha mordentaxe previa con líquido de Bouin durante 1 hora a 56-60ºC ou toda a noite a temperatura ambiente.
  3. Arrefriar e lavar en auga destilada ata que desapareza a cor amarela.
  4. Tinguir con hematoxilina férrica durante 10 minutos. Lavar en auga corrente durante 10 minutos.
  5. Lavar en auga destilada.
  6. Tinguir coa solución de escarlata-fucsina ácida durante 2-5 minutos.
  7. Lavar en auga destilada.
  8. Tratar coa solución de ácido fosfomolíbdico-fosfotúngstico durante 10-15 minutos si se vai colorear coa solución de azul de anilina, ou na solución acuosa de ácido fosfotúngstico ó 5% durante 15 minutos si se desexa tinguir con verde luz.
  9. Tinguir con solución de azul de anilina 15 minutos ou con solución de verde luz 5 minutos.
  10. Lavar en auga destilada.
  11. Diferenciar na solución de ácido acético ó 1% durante 3-5 minutos.
  12. Deshidratar, aclarar e montar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García del Moral, Raimundo (1993). Laboratorio de anatomía patológica (1 Ed ed.). Interamericana Mc Graw Hill. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]