Diurno (Renfe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tren Diurno»)
Diúrno 280, Galicia-País Vasco, saíndo de Vitoria con destino Irún, servizo actualmente cuberto por un tren Arco.
Diúrno 280, Galicia-País Vasco, en Rentería, servizo actualmente cuberto por un tren Arco.

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriormente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Historia[editar | editar a fonte]

Este modelo é o clásico concepto de tren, en canto a que é unha locomotora que arrastra un conxunto de coches de viaxeiros. Actualmente só quedan un servizo en funcionamento, que cobren a relación entre o País Vasco e Salamanca. Son arrastrados por máquinas da serie 269 ou da 333. Os coches en si, son da serie 9000; estes vehículos foron adquiridos por Renfe entre 1980 e 1985, e foron unha auténtica revolución, pois teñen unha excelente calidade e estabilidade na marcha, e son aptos para circular a 160 km/h, grazas aos bogies tipo GC (Gran Confort) ou Fiat. Estes servizos están actualmente en declive, debido ao escaso coidado ao que sometéronse estes vehículos nos últimos anos, a ausencia de mantemento, e á prioridade da alta velocidade fronte a calquera outro sistema de transporte por ferrocarril.

Inicialmente, estes trens ofrecían 1ª e 2ª clase, cafetería ou restaurante, e incluso gardería; ademais algúns dos servizos contaban con servizo de paquetería, e incluso levaban un vagón de correos; outros incorporaban tamén plataformas portaautomóbiles Autoexpreso, se ben estes últimos servizos repartíanse tamén cos trens nocturnos.

A día de hoxe foron despezados, alleados, abandonados en estacións ou transformados na serie 2000 (Arco).

O 17 de xuño de 2012, co cambio de horarios, a única relación que perduraba con este tipo de trens, o Diurno Iberia entre Salamanca e Euskadi, foi suprimida[1][2] malia as protestas dos cidadáns bilbaínos e salmantinos,[3] e substituída por un transbordo en Valladolid polo que desaparece o produto Diurno.

Servizos[editar | editar a fonte]

Tren Percorrido Funcionamento Actualidade
Diurno Iberia Bilbao/Irún - Salamanca/Madrid - Cáceres ata 2012 Alvia/Intercity/Trenhotel
Diurno Río Aragón Madrid-Chamartín - Zaragoza - Jaca (antigamente Canfranc) 1980-2003 TRD entre Zaragoza-Delicias e Jaca
Diurno Covadonga Barcelona - Zaragoza - León - Xixón ata 2008 Actualmente suprimido. Conexión substituída por Alvia Barcelona-Vigo con correspondencia concertada en León con Alvia Madrid-Xixón
Diurno Sierra de Gredos Barcelona-Sants - Salamanca / Cáceres / Plasencia 1988 - 2000 Actualmente suprimido. Conexión substituída por Alvia Barcelona-Bilbao con correspondencia en Zaragoza con Talgo Zaragoza-Salamanca
Diurno Iberia Irún / Bilbao - Vilar Formoso / Cáceres / Madrid Agora só circula País Vasco-Salamanca
Diurno Camiño de Santiago Vigo / A Coruña - Bilbao / Irún ata maio de 2008 Arco Camiño de Santiago
Diurno Torre del Oro Barcelona - Valencia - Alcázar de San Juan - Cádiz ata 2004 AVE Barcelona-Sevilla
Diurno García Lorca Barcelona - Valencia - Alcázar de San Juan - Málaga / Granada Arco García Lorca
Diurno Pullman Cerdanya Barcelona - Latour-de-Carol ata 1992 Media distancia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]