Tremarctinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Úrsidos.
Tremarctinos
Tremarctinae

Rango fósil: eoceno - actualidade
Un oso de anteollos no Zoo Tennōji de Osaka
Un oso de anteollos no Zoo Tennōji de Osaka
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Ursidae
Subfamilia: Tremarctinae
Merriam & Stock, 1925 [1]
Xéneros
  • Véxase o texto

A dos tremarctinos (Tremarctinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos carnívoros e familia dos úrsidos.

Na actualidade a subfamilia só inclúe un representante vivo Tremarctos ornatus, coñecido na bibliografía como oso de anteollos, única especie de oso de Sudamérica.

Á parte desta, están rexistradas varias especies extintas de catro xéneros:

  • Unha do xénero Tremarctus: Tremarctos floridanus, da Florida.
  • Os chamados "osos de cara curta norteamericanos", dos xéneros Plionarctos (P edensis e P. harroldorum) e Arctodus (A. pristinus e A. simus)
  • Os denominados "osos de cara curta sudamericanos" do xénero Arctotherium (A. latidens, A. brasilense,[2] A. angustidens, A. vetustum, A. bonariense, A. tarijense e A. wingei.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A subfamilia Tremarctinae foi descrita en 1925 por John Campbell Merriam e Chester Stock.[1]

Os seus xéneros foron incluídos en 1970 por P. E. Bjork na familia dos úrsidos.[4]

Finalmente, na actualidade (a partir de 2008), é recoñecida como unha das tres subfamilias dos úrsidos .[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Marcelo Stucchi, Denis Alexander Torres e Leopoldo Soibelzon: Evolución da subfamilia Tremarctinae (en castelán)
  2. "Spectacled Bear" en The Bear Planet (en inglés).
  3. Soibelzon, Leopoldo H, Tonni, Eduardo P. & Bond, Mariano (2005): "The fossil record of South American short-faced bears (Ursidae, Tremarctinae)", Jorunal of South America Earth Sciences, 20: 105-113. Ver documento completo en PDF.
  4. Bjork, Philip R. (1970): "The Carnivora of the Hagerman Local Fauna (Late Pliocene) of Southwestern Idaho". Transactions of the American Philosophical Society, 60 (7): 3–54. Ver documento completo en PDF.
  5. Krause J.; Unger, T.; Noçon, A.; Malaspinas, A. S.; Kolokotronis, S. O.; Stiller, M.; Soibelzon, L.; Spriggs, H.; Dear, P. H.; Briggs, A. W.; Bray, S. C.; O'Brien, S. J.; Rabeder, G.; Matheus, P.; Cooper, A.; Slatkin, M.; Pääbo, S. & Hofreiter, M. (2008): "Mitochondrial genomes reveal an explosive radiation of extinct and extant bears near the Miocene-Pliocene boundary". BCM Evol Biol. 8:220. Ver documento completo