Treixadura (uva)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Treixadura é unha clase de uva branca, autóctona de Galicia, de gran calidade e resistente ás enfermidades. É unha uva alongada, dura e moi doce que se traduce en viños lixeiros, finos e cítricos. Frecuentemente utilizada nos viños da denominación de Orixe O Ribeiro e Rías Baixas (subzona Condado).