Tregua de Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tropas británicas e alemás reunidas durante a tregua.

A tregua de Nadal (en inglés Christmas truce; en lingua alemá Weihnachtsfrieden ou en francés Trêve de Noël) foi unha serie de altos o fogo xeneralizados e non oficiais que tiveron lugar na Fronte occidental durante o Nadal de 1914 no transcurso da primeira guerra mundial.

Na semana previa ao Nadal, os soldados alemáns e os británicos comezaron a intercambiar saúdos e panxoliñas entre as trincheiras. En ocasións, a tensión reduciuse até o punto que os soldados saíron das trincheiras para ir falar cos seus inimigos e intercambiar agasallos.

Isto aconteceu durante a vixilia de Nadal e o día de Nadal, cando moitos soldados de ámbolos dous bandos, así como en menor medida tamén franceses, se aventuraron en "terra de ninguén" e se mesturaron entre eles. Nestes encontros compartiron a comida, fixeron cerimonias de enterro conxuntas e mesmo chegaron a xogar ao fútbol, creando unha das imaxes máis perdurábeis da tregua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]