Trazo distintivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En lingüística, coñécese como trazo distintivo ou marcado o trazo lingüístico que serve para caracterizar unha unidade lingüística para un falante. O sistema de trazos distintivos dáse en tódolos niveis da análise lingüística (fonética, fonoloxía, morfosintaxe, semántica) e permite que o falante non deba ser consciente de tódalas características da fala cognitivamente.

Exemplo na fonética[editar | editar a fonte]

En castelán non hai vogais semiabertas e semipechadas, pero en galego si. O trazo distintivo do grao de abertura vocálica existe en galego pero non en castelán, porque un castelánfalante non debe interpretar se a primeira vogal de ven e a de ben ou vén (o til non está estipulado pola norma ortográfica) son distintas ou non: para el son iguais e non fara distincións de significado, pero un galego distinguirá o verbo en imperativo do adverbio ou do indicativo.

Do mesmo xeito hai linguas (como o francés) que diferencian se a vogal mediaaberta ou mediapechada está redondeada ou non e polo tanto pode haber parellas de palabras que se distingan só por ese motivo: o trazo do redondeo é distintivo en francés.

Exemplo na semántica[editar | editar a fonte]

Mentres que en galego existe un límite léxico entre verde, turquesa, azul, azul marino, azul cobalto, etc. noutras linguas non se diferencia do mesmo xeito. O nivel e aplicación de trazo distintivo non se dá só entre linguas (por exemplo, no xaponés).

Está demostrado que dentro das variedades dunha lingua pode haber diferente aparición dos trazos distintivos: iso pasa no chamado discurso feminino para malva, burdeos, berenxena, violeta, lila, rosa, etc., que no caso dos homes non é tan doado de identificar (aparte de daltonismo).