Tratado de Passarowitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A rexión do Banato en 1718.

O Tratado de Passarowitz, ou Paz de Passarowitz ou Požarevac, asinouse o 21 de xullo de 1718 e supuxo o fin da guerra Austro-Turca (1716-1718).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Baixo a mediación de Inglaterra e das Provincias Unidas, os representantes do Sacro Imperio Romano Xermánico (Austria), da República de Venecia e do Imperio otomán reuníronse en Passarowitz (Požarevac, ao sueste de Belgrado) en maio de 1718.[1]

Polo Tratado de Passarowitz, Venecia confirmaba a posesión de Dalmacia, as illas Xónicas e as ciudades de Préveza e Arta, pero perdía Morea e Creta (que recuperara no anterior Tratado de Karlowitz, 1699).

O Emperador de Austria retiña as súas adquisicións: o Banato de Temesvar, o oeste de Valaquia (Oltenia) e un extenso territorio en torno a Belgrado (aproximadamente a metade de Serbia).

En Bosnia e Croacia, os ríos río Sava e o río Una utilizáronse para fixar as fronteiras.[2]

Como consecuencia do tratado, confirmouse a preponderancia de Austria nos Balcáns e a rexión do Danubio, marcando o final da hexemonía turca, que fora indiscutíbel no período anterior (até o sitio de Viena de 1683).

O tratado significou a fixación dun equilibrio duradoiro entre as potencias da rexión, que non se rompeu até o século XIX aínda que a delimitación territorial variou no Tratado de Belgrado (1739), que devolveu aos turcos o norte de Bosnia, a zona de Belgrado e Oltenia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hochedlinger, Michael. Austria's wars of emergence 1683-1797. Ed. Pearson Education, 2003 páx. 195
  2. Hochedlinger, Michael. Austria's wars of emergence 1683-1797. Ed. Pearson Education, 2003, páx. 195

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Times History of Europe, Times Books, London, 2002.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]